Barreiros, 21 de outubro de 2026. O Concello de Barreiros porá en marcha, entre os meses de novembro de 2026 e xuño de 2027, un programa de actividades de dinamización comunitaria nas distintas parroquias do municipio a través do obradoiro de emprego Máis Talento que actualmente desenvolve a súa labor nos concellos de Barreiros e Ribadeo.
Actividades variadas e para todos os públicos
A oferta de talleres é variada e está pensada para dar resposta aos intereses e necesidades de cada comunidade. Englobaranse tres grandes liñas de traballo:
– Talleres de manualidades e artesanía, que incluirán modelado e pintura en cerámica, pintura en lenzo, elaboración de xabóns e candeas artesanais, entre outras propostas.
– Talleres de risoterapia orientados ao benestar e á conexión social.
– Talleres de memoria oral baixo o título “Tesouros vivos”, centrados na recompilación de tradicións, testemuños e encontros interxeracionais para preservar a historia local.
Todas as actividades serán de balde para as persoas participantes e realizaranse en horario de mañá nos locais municipais das distintas parroquias.
Como participar
Para facilitar a organización, o Concello de Barreiros trasladou a información aos colectivos asociativos das distintas parroquias (asociacións de veciños e culturais) para que sexan estas as que trasladen o interese en participar e conformen un grupo no local municipal da súa parroquia. Para poder pór en marcha un taller será necesario reunir un mínimo de oito persoas (sexan ou non desa parroquia).
As asociacións interesadas deberán poñerse en contacto coa área de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros antes do 6 de novembro a través do correo electrónico dinamizacion@concellodebarreiros.gal.





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



