Entre os feitos investigados figuran varios roubos con forza cometidos recentemente na provincia. Os axentes recuperaron numerosos efectos subtraídos, entre eles diversos obxectos eclesiásticos que xa foron devoltos á Diocese de Lugo
Lugo, 21 de outubro, 2026. Axentes da Policía Nacional detiveron un home como presunto autor de numerosos delitos contra o patrimonio cometidos na provincia. As investigacións permitiron relacionar distintas denuncias por feitos ocorridos en Lugo e Viveiro e identificar ao sospeitoso, ao que se lle atribúen roubos con forza en vivendas, trasteiros, vehículos e establecementos.
Durante o operativo, os investigadores recuperaron unha ampla variedade de obxectos subtraídos nos distintos feitos. Entre eles había diversos elementos eclesiásticos procedentes dun roubo con forza nunha igrexa, que foron entregados de novo á Diocese de Lugo.
A investigación evidenciou unha escalada na gravidade dos delitos, que abranguen desde roubos no interior de vehículos ata roubos con forza en casas habitadas. Nun destes últimos casos, o sospeitoso continuou buscando obxectos para subtraer malia decatarse de que os moradores estaban durmindo. Chegou a rebuscar no mobiliario do dormitorio; a vítima espertou, pero por medo permaneceu inmóbil ata que o autor abandonou a vivenda.
Os axentes chegaron a localizar o sospeitoso durante a investigación, pero este logrou fuxir, poñendo en grave perigo outros usuarios da vía e peóns. Ademais, atribúeselle a sustracción de matrículas de vehículos da mesma marca e modelo que o que utilizaba habitualmente, co fin de dificultar a súa identificación.
O dispositivo policial establecido para a súa procura culminou coa detención do individuo, que tentou fuxir portando unha navalla na man. Os axentes lograron reducilo empregando a forza mínima imprescindible. Ademais dos roubos investigados, atribúeselle delitos de furto, desobediencia e resistencia, falsidade documental e contra a seguridade viaria.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



