Ribadeo, 21 de outubro de 2026. Acisa Ribadeo e Gestión Gratelu renovaron o seu convenio de colaboración.
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado Iglesias, tivo palabras de agradecemento: “desde Acisa queremos agradecerlle a Pablo Posada e a Gestión Gratelu o seu apoio económico, xa que estarán presentes como entidade colaboradora en 2027 na Festa do Comercio, na Gala de Acisa e no sorteo do Ribadeo Indiano. A sinatura deste terceiro convenio con Gestión Gratelu é para nós moi importante. Seguiremos traballando, como vimos facendo ata o de agora, para conseguir que a empresa privada nos brinde a súa colaboración nos grandes eventos organizados pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.
Pablo Posada declarou que “a sinatura deste terceiro convenio con Acisa Ribadeo confirma o noso respaldo ao importante e dinámico traballo que este colectivo empresarial realiza ao longo de todo o ano co obxectivo de contribuír á dinamización económica da vila e dos seus negocios”.
Jesús Pérez, xerente de Acisa, lembrou que “as asociacións, como Acisa, nutrímonos das cotas das nosas asociadas e asociados e das subvencións que recibimos de administracións como a Deputación de Lugo, a través da súa Vicepresidencia, a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo. Somos un colectivo moi activo e se queremos seguir organizando actividades importantes precisamos de máis recursos económicos. Por iso levamos xa un tempo chamando ás portas da iniciativa privada”.
Carmen Cruzado subliñou: “parécenos moi importante e positivo que as empresas se decidan a colaborar economicamente connosco. Iso queredicir que as actividades que organizamos desde Acisa resultan atractivas para o conxunto da cidadanía e do colectivo empresarial. Agardamos que máis firmas de Ribadeo se sumen á gran familia que é Acisa”.
No acto participaron Pablo Posada, administrador de Gestión Gratelu, e Carmen Cruzado, presidenta do colectivo empresarial ribadense. Tamén estivo presente o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Trick or Treat
Acisa Ribadeo e Kids&Us organizan o 31 de outubro unha nova edición da actividade infantil denominada Trick or Treat, que se desenvolverá por diferentes establecementos asociados ao colectivo empresarial.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “con motivo da celebración do Día do Comercio Local, o 25 de outubro, Acisa quere poñer en valor a importancia do pequeno comercio como motor económico e social da nosa vila. É un bo día para lembrar que o comercio de proximidade xera emprego, paga impostos durante todo o ano, dinamiza as rúas e crea comunidade. Por iso, para celebrar esta data, desde ACISA organizamos, xunto con Kids&Us, un obradoiro infantil de Halloween, co obxectivo de ensinarlles aos máis pequenos a importancia de mercar no comercio local dun xeito lúdico e participativo. Esta iniciativa pretende concienciar á cidadanía sobre o papel esencial que desempeñan os establecementos locais na vida e na vitalidade de Ribadeo”.
Carmen Cruzado engadiu: “a actividade busca entreter e divertir os máis pequenos da casa coa tradición anglosaxona do famoso truco ou trato, con motivo da celebración do Samaín ou Halloween. A proposta, que se desenvolverá en inglés, está dirixida tanto ao alumnado da academia como a nenos e nenas que non estean matriculados nela, con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos, e terá lugar o sábado 31 de outubro pola mañá”.
A presidenta de ACISA continúa explicando que “desde Acisa Ribadeo gústanos poder crear este tipo de actividades, que divirten e entreteñen os máis pequenos da casa e que, ademais, permiten que os seus pais e nais poidan dedicarse un pouco de tempo a si mesmos, por exemplo, para facer unhas compras ou tomar algo con algo máis de calma. Ao mesmo tempo, trátase dunha actividade que achega os nenos e as nenas ao comercio local. É moi importante concienciar desde a infancia aos futuros consumidores da importancia de apostar polos negocios locais. As vilas teñen vida e son o que son grazas ao seu tecido empresarial”.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



