Burela, 4 de xullo, 2025. As novas condicións do mercado laboral requiren unha formación continua. De aí que dentro do marco europeo, o Ministerio de Educación, FP e Deportes creara os Cursos de Especialización, que ofertan formación en campos considerados emerxentes no contorno laboral. Dentro do catálogo da FP galega, o IES Perdouro conta con dous destes Cursos.
A novidade é o Curso de Especialización de Instalación e Mantemento de sistemas conectados a Internet. As siglas polas que se coñece son IoT. Este curso de 300 horas está dirixido a calquera titulado co Grao Medio de Formación Profesional. Impartirase desde outubro a febreiro do próximo curso.
Segundo Ismael Castiñeira, docente do curso e profesor de Instalacións de Telecomunicacións , “trátase dunha actualización necesaria para enfrontarse ás novas tecnoloxías que hoxe en día se empregan en domótica, en monitorización etc. Calquera instalador que se decida a colocar dispositivos conectados a Internet terá a posibilidade de probar estas novas tecnoloxías tan demandadas nas casas ou en calquera industria ou establecemento. Na actualidade practicamente todo está conectado a Internet: as persianas, a placa vitrocerámica, a iluminación, os equipos informáticos da administración ou de calquera empresa ou mesmo un valado dixital que cerque o gando nunha granxa”.
A xefa de departamento de Electrónica, Marga López, informa dos recursos cos que conta o centro para formar Técnicos Especialistas neste eido: “No IES Perdouro xa temos instaladas antenas, sensores, equipos de soldadura, ferramentas, unha plataforma de integración, equipos WIFI, puntos de acceso, dispositivos LoRaWAN e dispositivos 5G con SIM de operadora nacional entre outros”.
Este curso non conleva prácticas en centros de traballo e, ao rematar, obtense a certificación de Técnico Especialista, unha acreditación superior á de Técnico de Grao Medio.
No caso do Curso de Especialización en Fabricación Aditiva, este Máster da FP forma persoal cualificado que conta xa con titulación dalgún Ciclo de Grao Superior. Son 720 horas de formación nas que o alumnado desenvolve e xestiona proxectos mediante o uso de impresión 3D e supervisa e executa a montaxe e o mantemento de ditos proxectos para o desenvolvemento de produtos de empresa respectando criterios de calidade, deseño, seguridade e respecto ao medio ambiente.
Félix Pardo, docente do Ciclo de Grao Superior de Mecatrónica Industrial, asegura que “a fabricación aditiva é unha tecnoloxía clave na industria 4.0 debido á redución de custos e ao desenvolvemento de novos compoñentes. No Curso de Especialización a aprendizaxe é práctica e trabállase en deseño CAD 3D. No mercado laboral constatamos que a demanda deste persoal altamente cualificado é crecente en sectores como a automoción, a medicina e a aeronáutica”.
Este Máster da FP dota dunha certificación que acredita a formación como experto en deseño de produtos para impresión 3D, deseñador 3D por escaneado e experto en prototipado rápido.
Desde o centro consideran que estas son dúas das apostas máis actualizadas da Mariña en Formación Profesional. Aínda é posible matricularse nestas ensinanzas durante o mes de xullo, cando se oferten as prazas liberadas.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.

