Ribadeo, 4 de xullo de 2025. Acisa entrega de forma gratuíta 14.000 bolsas conmemorativas do X Ribadeo Indiano ao comercio asociado. Trátase dunha iniciativa enmarcada no programa de actuacións do proxecto de dinamización comercial O teu comercio local é extraordinario, que a asociación ribadense está a desenvolver coa co financiación da Xunta de Galicia.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “hoxe para nós é un día importante, porque ten lugar a presentación das novas bolsas que desde Acisa estamos a distribuír entre as nosas asociadas e asociadas. A entrega de materiais gratuítos é unhas das sinais de identidade de Acisa desde hai anos, xa que é algo moi demandado por parte dos negocios asociados. Deste xeito contribuímos a abaratar os custes que un negocio ten que sufragar ao longo do ano. Pero este lote de bolsas é moi especial, porque se trata das primeiras bolsas que editamos con temática do Ribadeo Indiano, un evento histórico cultural moi importante para este municipio e para todo o seu tecido empresarial”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “de xeito excepcional este ano, por primeira vez e con motivo do décimo aniversario do Ribadeo Indiano, entregamos de forma totalmente gratuíta materiais aos nosos asociados e asociadas. Primeiro fixémolo coa hostalería cos vasos gratuítos e agora tócalle ao comercio. Nesta ocasión fixemos un esforzo extra, dedicando mais de 10.000 euros para a adquisición destes materiais, algo que puidemos facer co cofinanciamento da Xunta de Galicia, grazas á obtención do premio do proxecto excepcional. Con esta inversión puidemos editar 14.000 unidades destas novas bolsas comerciais”.
E engadiu: “deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados e asociados, que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles proporcionamos de forma gratuíta, e que sen dubida son unha das súas maiores demandas”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “utilizamos a nova imaxe corporativa de Acisa, na que se debuxa o barrio indiano de San Roque baixo o slogan de O noso comercio é vida, vive Ribadeo. O tamaño das bolsas é o habitual, de tipo mediano que serve para unha grande maioría dos negocios”.
Carmen Cruzado agradeceu “a colaboración de todas as administracións coas que contamos e traballamos desde Acisa, a través de subvencións como neste caso, de convenios ou de acordos e proxectos, que sempre buscan o apoio ao tecido empresarial ribadense e sobre todo a súa dinamización económica, neste caso especialmente á Xunta de Galicia e á Dirección Xeral de Comercio”.
No acto de presentación, que tivo lugar nun dos negocios asociados a Acisa, participaron a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz, que subliñou “a importancia da colaboración das administracións con Acisa Ribadeo, unha asociación moi dinámica, que organiza moitas actividades ao longo do ano e distribúe materiais gratuítos entre as súas asociadas e asociados. Concello e Acisa traballamos xuntos en moitos proxectos, que o que buscan é a dinamización económica de Ribadeo e dos seus negocios. Neste caso temos que agradecerlle á Xunta de Galicia e á Dirección Xeral de Comercio o seu apoio”.
Decoración
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, fai un chamamento especial aos comerciantes e hostaleiros de Ribadeo para que decoren os seus negocios, fachadas, terrazas, barras ou escaparates para a celebración do X Ribadeo Indiano: “para iso lles facilitamos de forma gratuíta a cada socio e socia, bandeiras e flocos, mais de 7.000 metros destes materiais e 800 faroliños, que xunto coa decoración das rúas fan mais de 20.000 metros e 1.000 faroliños. Sen dúbida Acisa pon todo da súa parte para engalanar os negocios e as rúas da vila. Queremos tamén animar a que os locais e a veciñanza de Ribadeo decoren cun ambiente floral as súas fachadas e terrazas. Ribadeo retornará ao pasado do 11 ao 13 de xullo e entre todos debemos crear o ambiente propicio para conseguilo, para viaxar no tempo ata finais do século XIX ou principios do século XX”.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



