Ribadeo, 9 de xullo de 2025. Xa está na rúa o noveno número de A Gaceta Ribadense, o xornal que edita Faro Norte Comunicación con motivo da celebración do Ribadeo Indiano. Desde hoxe, mércores, estase a distribuír entre os negocios e institucións participantes, ademais de nos principais puntos de venda de xornais da vila ribadense.
Esta publicación, que conta con 32 páxinas e unha tirada de 4.000 exemplares, é posible grazas ao gran apoio que recibe en cada edición por parte dos anunciantes, que neste número xa son máis de cen, e dos autores que colaboran cos seus artigos. Neste apartado conta con escritos de Aida Álvarez, Alberto Paraje, Begoña Sanjurjo, Carlos Álvarez Lebredo, María José Fernández Azpeitia e Pablo Rodríguez (Vivin).
Neste xornal recóllense tamén testemuñas e historias, en formato reportaxe ou entrevista, do pregoeiro desta edición do Ribadeo Indiano, o xornalista Martín Fernández Vizoso; da presidenta da Red de Municipios Indianos del Norte, María Teresa Noceda; e de emigrantes como Carmen Pernas Folgar ou o matrimonio formado por Angelines Navarret e Moncho Ondina.
Inclúe tamén o programa de actividades desta edición do evento e a sección habitual dedicada ás fotos na que aparecen moitas persoas (ribadenses e visitantes) participando no Ribadeo Indiano do ano pasado, entre outros contidos.
Do deseño desta gaceta indiana encargáronse Justo García e Alba García; da edición, Faro Norte Comunicación; e da coordinación, Carmen Cruzado e Beni Mántaras.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



