Foz, 28 de xullo de 2025. Cultural Leonesa (Segunda División) e CD Lugo (1ª RFEF) serán os equipos que disputen a XXXVI edición do trofeo Vila de Foz o día 9 de agosto, sábado, ás 12:00 horas no Estadio Martínez Otero.
Desde a renovada directiva do CD Foz agradecen “de antemano la participación y predisposición de ambos equipos en el prestigioso trofeo veraniego en la localidad de Foz en plenas fiestas de San Lorenzo, además de agradecer todas las facilidades que nos ofrece el Concello. Tenemos que mostrar nuestra alegría e ilusión por conseguir cerrar un duelo apasionante entre dos equipos de renombre que deleitarán al público existente en un engalanado Martínez Otero recién pintado, esperando recibir a los contendientes en una alfombra después de la inversión acometida en el mantenimiento del césped, esperemos acorde a la categoría de los equipos. Un trofeo interesante este verano en A Mariña, con el equipo leonés preparando ya la nueva campaña en su salto a la Liga Hypermotion (2ª División) y CD Lugo, que no falla en su cita al norte de Lugo en donde son recibidos como en su casa. Como novedad, y aprovechando la jornada de festividad en la localidad, se plantea sesión vermú en los aledaños del estadio durante el descanso y finalización del encuentro”.
O CD Foz tamén anuncia que “la entrada normal son 10 euros, la entrada anticipada son 8 euros y para menores de 16 años es gratuita. Los puntos de venta de entradas son el local social del estadio, Cafetería Xoyma, Muelle Bar y Hotel Islanova”.
Desde o Concello de Foz, o alcalde, Fran Cajoto, agradece “o esforzo e a implicación da nova directiva para que o proxecto do Club Deportivo Foz continúe a medrar con enerxía renovada. Estamos a falar dun club que Pepe Rivera saneou economicamente, un club que a nova directiva encabezada por Asier Burundarena quere potenciar, dándolle pulo ás categorías inferiores. O Concello de Foz vai estar sempre ao lado do deporte, especialmente do de base. Este torneo, con tanta tradición, é un escaparate tamén do noso pobo: agardo moita xente no Martínez Otero. Quero felicitar de antemán á nova directiva polo cariño, traballo, esforzo e dedicación que están a ter”.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



