A Mariña, 10 de setembro de 2025. A Mancomunidade de Concellos da Mariña publica a Guía do Turista Responsable, un manual de boas prácticas para fomentar un turismo respectuoso co xeodestino. Ten como obxectivo promover unha reflexión activa sobre a necesidade de minimizar o impacto das viaxes nos territorios. O documento forma parte do proxecto de Estudos de Capacidade de carga en 11 lugares de especial fraxilidade de A Mariña Lucense, impulsado ao abeiro do PSTD.
No mundo no que vivimos, no que cada vez son máis as persoas que viaxan para coñecer novos lugares, é preciso facer unha reflexión e ser conscientes de como eses desprazamentos e estadías impaCtan nos territorios que se visitan. Con este obxectivo a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de publicar a Guía do Turista Responsable, un documento sinxelo e conciso que, máis alá de recompilar recomendacións para viaxar responsablemente, invita a repensar como viaxamos e como influímos nos lugares que visitamos.
O documento xurde como parte do proxecto de Estudos de Capacidade de Carga en 11 lugares de especial fraxilidade da Mariña Lucense, impulsado ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. A presidenta da entidade, Rocío López, explica que “é unha ferramenta para favorecer un turismo máis sostible, orientada ás persoas que visitan o territorio, pero tamén a todos os axentes sociais e económicos que forman parte do sector e que, coa súa actuación, contribúen a unha correcta xestión do turismo”.
López sinala que “se trata dunha recompilación concisa e sinxela de recomendacións que permitan aos viaxeiros e viaxeiras coñecer o destino, neste caso A Mariña, dunha forma consciente e sostible. Pero, máis alá destas claves, pretende servir como documento base para invitar ás persoas a reflexionar sobre como viaxan e como os seus comportamentos durante esas viaxes inflúen nos espazos e nas comunidades que visitan. Este enfoque está directamente aliñado co turismo sostible ao que aspira A Mariña Lucense, un tipo de turismo que promove unha maneira de viaxar e desfrutar dos destinos minimizando os impactos negativos no medio ambiente, na cultura e na economía local, ao tempo que aumenta os beneficios nos territorios anfitrións”.
Claves para ser un turista sostible
A Guía do Turista Responsable está estruturada en diferentes bloques nos que se comparten claves para converter unha visita nunha experiencia positiva para todos os axentes implicados. Ademais, trátase de non poñer o foco nas persoas que visitan A Mariña desde un punto de vista negativo, senón de aproveitar a riqueza e as potencialidades do sector e guialo dentro da transformación global que está a vivir, encamiñada a un modelo máis sostible e de futuro.
Así, desde A Mariña Lucense convídase ás persoas que nos visitan a aproveitar todos os recursos informativos dispoñibles, gozar da cultura local, promover o desenvolvemento local do territorio, contribuír á conservación do patrimonio, axudar á preservación ambiental e elixir produtos e servizos sostibles.
Enlace á guía:
https://amarinalucense.gal/gl/novas/a-marina-presenta-a-sua-guia-do-turista-responsable























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



