Viveiro, 4 de decembro, 2025. O BNG de Viveiro amósase satisfeito polo anuncio de Augas de Galiza de que instalará novos medidores para o control da calidade da auga e para a detección temperá de posibles vertidos no río Landro, tal e como demandara hai meses a formación nacionalista.
A voceira do BNG, Iria Cotelo, sinalou que “unha vez superada a última emerxencia, desde o BNG fixemos fincapé na necesidade de contar con máis e mellores medidas preventivas ante posibles episodios de contaminación que poidan afectar tanto ao medio ambiente como ao abastecemento de auga potable”. Segundo explicou, esta infraestrutura de control é clave para garantir unha resposta rápida e eficaz ante calquera incidencia.
Cotelo lembrou tamén que, no seu momento, a alcaldesa Mariña Gueimunde rexeitara de maneira “airada” a proposta de adoptar medidas preventivas, chegando mesmo a desbotar a súa necesidade. “O feito de que agora Augas de Galiza e a Consellería de Medio Ambiente dean a razón ao BNG de Viveiro demostra que o Partido Popular non está á altura das circunstancias no goberno local”, sentenciou.
Para a formación nacionalista, este episodio “é un novo erro na xestión de Gueimunde fronte ás propostas serias e rigorosas do BNG”. Ademais, lembran que seguen sendo necesarias melloras tanto na potabilizadora de Landrove como na rede de abastecemento. Nese sentido, o BNG presentou unha moción no pleno de decembro que foi aprobada por unanimidade.
“Desde o BNG de Viveiro continuaremos demandando investimentos e actuacións que garantan a seguridade da auga, a protección do noso medio natural e un servizo de calidade para toda a veciñanza”, concluíu Cotelo.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



