Os colexios de Portomarín, O Incio e Bóveda recibirán mañá a visita da Apalpadora
Lugo, 4 de decembro de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo “A apalpadora”, que se representará en 40 localidades ao longo deste mes de decembro.
O alumnado dos colexios de Cervo e Rábade acolleron hoxe as primeiras representacións deste espectáculo de narración oral e música en directo no que Antía Vázquez – a filla do Apalpador – e o musico André Espiñeira contan ás crianzas a historia deste personaxe do Nadal, transmitida a través da tradición oral, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán, e revitalizada na última década grazas ao impulso de asociacións e colectivos culturais de todo o país.
A deputada Iria Castro explicou que “se trata dunha programación que poñemos en marcha por sexto ano consecutivo desde a Vicepresidencia da Deputación, tratando de dar resposta ao interese cada vez maior das asociacións de nais e pais e das asociacións culturais, especialmente de concellos e parroquias rurais que buscan ofrecer propostas de ocio para estas datas. O espectáculo representarase en 40 centros educativos e espazos culturais de todas as comarcas durante este mes, achegando a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia”
O espectáculo
A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.
Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.
Calendario
Venres 5 de decembro
CEIP Plurilingue Virxe da Luz de Portomarín. 9.15 horas
CEIP Ricardo Gasset do Incio. 11.15 horas
CEIP Rosalía de Castro de Bóveda. 12.30 horas
Martes 9 de decembro
Teatro Pastor Díaz de Viveiro. 10.00 horas
CEIP Península da Paz de San Cibrao, en Cervo. 11.30 horas
CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo. 13.15 horas
Mércores 10 de decembro
CEIP da Fonsagrada. 9.45 horas
CPI de Cervantes. 12.00 horas
Xoves 11 de decembro
Galiña Azul de Chantada. 11.00 horas
Venres 12 de decembro
CEIP Virxe do Carme de Sober. 9.45 horas
CEIP Plurilingue Monte Baliño de Pantón. 11.30 horas
Luns 15 de decembro
CEIP Otero Pedrayo de Rábade. 9.00 horas
CEIP Plurilingue Concepción López Rey de Baleira. 10.45 horas
CPI López Suárez de Friol. 12.30 horas
Martes 16 de decembro
CEIP de Oural en Sarria. 9.45 horas
IES A Pinguela de Monforte.13.00 horas
Mércores 17 de decembro
CEIP Illa Verde de Lugo.9.30 horas
CEE Santa María de Lugo.10.45 horas
CEIP Albeiros en Lugo. 12.30 horas
Escola Unitaria de San Xoán do Alto. Lugo. 14.00 horas
Xoves 18 de decembro
CEIP Rosalía de Castro de Mosteiro, en Pol. 9:00 horas
CEIP Terra Chá, de Román, en Vilalba. 11.00 horas
CEIP Quiroga Ballesteros de Lugo. 12.45 horas.
CEIP As Gándaras de Lugo. 14.00 horas.
Venres 19 de decembro
Antiga Escola de Barbaín, en Lugo. 9.00 horas
CEIP Monseivane de Lanzós, en Vilalba. 12.00 horas
Casa da Cultura do Valadouro. 14.45 horas
CEIP Nº1 de Foz. 17.30 horas
As Negradas. O Vicedo. 19.30 horas
Sábado 20 de decembro
Campo da Feira de Parga, en Guitiriz. 16.30 horas
Local Social de Pino, en Cospeito. 18.30 horas
Local Social da Asociación O Cruceiro de Mosteiro, en Outeiro de Rei. 20.00 horas
Domingo 21 de decembro
CEIP Eduardo Cela Vila. Triacastela. 16.00 horas
Antiga Biblioteca de Samos. 17.30 horas
Asociación de Veciños de Xudán, na Pontenova. 20.00 horas
Luns 22 de decembro
Centro Sociocultural de Monterroso. 18.00 horas
Cabanóns do Convento, Meira. 20.00 horas
Martes 23 de decembro
Círculo do Saviñao. 18.00 horas
Domingo 28 de decembro
Casa Escola da Liga Santallesa. Santaballa. Vilalba. 16.00 horas
Casa da Culturra de Cospeito. 18:00 horas.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.


