Os senadores do PP por Lugo mantiveron unha reunión con membros da CEL
Lugo, 12 de decembro de 2025. Os senadores do PP lucense – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- presentaron as medidas do Plan Integral dos Autónomos do Partido Popular a representantes da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) nunha reunión en Lugo na que reivindicaron “menos impostos e máis apoio para quen traballa” e anunciaron unha iniciativa específica para reclamar dende o Senado ao Goberno de Sánchez medidas de apoio aos autónomos lucenses coas que corrixir a tendencia á perda de autónomos na provincia.
O encontro de traballo contou coa participación do secretario xeral da CEL, Jaime López, o conselleiro delegado, Eduardo Valín, o secretario xeral de ATA Galicia, Álvaro Viqueira, e membros do colectivo que representan a distintos sectores económicos da provincia como o da construción, hostalería, taxistas, talleres, instaladores electricistas e de telecomunicacións, autoescolas, academias, consultorías, etc.
Os populares tamén recolleron as necesidades e demandas dos traballadores por conta propia recollendo o documento de prioridades e medidas para as persoas traballadoras autónomas detectadas pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) a través das organizacións membro.
Os senadores expuxeron os piares do Plan Integral dos Autónomos do Partido Popular: menos impostos e trabas a quen traballa, máis facilidades para emprender e medrar; máis protección e apoio; e máis dereitos e confianza do Estado no autónomo.
Así mesmo, explicaron algunhas das principais medidas que ten anunciado o presidente Feijóo e que inclúe “unha baixada de impostos” ao eximir do pago do IVE aos autónomos con ingresos inferiores aos 85.000 euros anuais.
O PP tamén propón unha ‘Tarifa 0’ ata os 2 anos para os novos emprendedores, reducir as declaracións anuais a dúas ou unha para os novos autónomos, non pagar cotizacións nun ano polo primeiro empregado contratado e un 50% de bonificación no segundo, non pagar cotizacións polas baixas por enfermidade grave, facilidades para traballar despois da idade de xubilación co 100% da pensión, compatibilizar traballo autónomo con traballo por conta allea, exención de cotas durante dous anos trala maternidade ou paternidade, equiparación dos dereitos pola lactancia ou clarificar e incrementar as deducións de gastos.
Os populares lembraron que “os traballadores autónomos teñen un peso especial no conxunto do mercado laboral da provincia de Lugo” onde 1 de cada 4 é traballador por conta propia. Trátase dun colectivo “clave” para a xeración de postos de traballo e o crecemento económico. Con todo, na actualidade, teñen que enfrontarse ao encarecemento dos subministros, o incremento dos trámites burocráticos -incluído o novo sistema de facturación electrónica Verifactu-, os problemas de relevo xeracional e as progresivas subas das cotas de cotización e impostos.
Os senadores do PP lucense advirten que “o Goberno de Sánchez leva 7 anos castigando ao tecido produtivo” e cren que “o Goberno de España debe tomar medidas para apoiar a quen traballa e se esforza” e, de forma particular, “para evitar a perda de autónomos na provincia de Lugo”.
PLAN DE CHOQUE EN APOIO AOS AUTÓNOMOS DE LUGO
Ante a caída xeneralizada do número de autónomos na provincia -dende outubro do 2024 a outubro do 2025 rexistráronse 353 baixas, practicamente 1 ao día-; os senadores lucenses do PP esixirán ao Goberno de Sánchez un plan específico de apoio aos autónomos lucenses que inclúa a avaliación das causas da perda de autónomos na provincia e estableza medidas para corrixir esa tendencia.
Entre as propostas que os populares levarán ao Senado, onde agardan a súa aprobación ao ter garantía a maioría absoluta, inclúen tamén a adopción de medidas de apoio ao autoemprego, a formación e a dixitalización; a rectificación da actual política fiscal cara aos traballadores autónomos -que os últimos 7 anos se traduciron nunha crecente carga impositiva, incerteza e falta de estabilidade normativa- e a esixencia do cumprimento dos compromisos adquiridos cos traballadores autónomos no 2023, impulsando de maneira inmediata as reformas pendentes en materia de protección social, pluriactividade, conciliación e simplificación burocrática.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



