A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación dos traballos, que terán un prazo de execución de 13 meses desde a formalización do contrato
Lugo, 12 de decembro de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo celebrada este venres vén de adxudicar as obras de urbanización do polígono industrial da Fonsagrada por un importe de 2,5 millóns de euros, cun prazo de execución previsto de 13 meses desde a formalización do contrato. Deste xeito, a institución provincial dá un paso decisivo para unha actuación estratéxica que dotará á Montaña Lucense de solo industrial e terciario impulsando a actividade económica e favorecendo a creación de emprego.
Esta actuación estratéxica permitirá que A Fonsagrada dispoña por primeira vez dunha superficie urbanizada destinada ao asentamento de empresas. Ademais da execución das obras, a institución provincial financiou a redacción do proxecto con 36.000 euros e achegou 600.000 euros para a súa realización.
Os informes técnicos destacan que a actuación terá un efecto multiplicador sobre o territorio, contribuíndo á fixación de poboación e ao reforzo da actividade económica no interior da provincia. Esta infraestrutura responde a unha demanda histórica da veciñanza e do tecido empresarial da comarca, permitindo atraer novas empresas e dinamizar a economía local.
34.421 metros e 15 parcelas dispoñibles
O polígono da Fonsagrada, recollido no Plan Xeral de Ordenación Municipal, estará situado na rúa Burón, na parroquia do Padrón, na confluencia da estrada LU-530, que conecta Lugo con A Fonsagrada, coa estrada LU-P-1901, que vai a Navia de Suarna. A actuación inclúe a construción dunha glorieta que permitirá un acceso adecuado á nova infraestrutura.
O terreo a urbanizar abrangue 34.421 metros cadrados e estará distribuído en 15 parcelas. O proxecto inclúe máis de 250 prazas de aparcamento, vías e beirarrúas de 1,8 metros de ancho, unha vía principal, vías de servizo e rotonda, acondicionamento de parcelas e zonas verdes. As obras contemplan tamén instalacións de abastecemento, rego e protección contra incendios, saneamento de augas residuais e pluviais, rede eléctrica, centros de transformación, alumeado público e telecomunicacións. Ademais, acondicionaranse as parcelas exteriores con barreira vexetal fronte ao Camiño de Santiago mediante árbores e arbustos autóctonos, cumprindo a normativa de Patrimonio.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



