Olalla Rodil cualifica de “case un insulto” a proposta de pagar 18 euros á hora en 2028, cando o custe real xa supera os 23-25 euros
Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026. A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Olalla Rodil, denunciou o infrafinanciamento crónico do Servizo de Atención á Familia (SAF) por parte da Xunta de Galiza e do Estado español. Segundo a deputada nacionalista, esta falta de investimento “ademais de asfixiar economicamente os concellos, afonda na precariedade laboral das traballadoras e agrava os problemas estruturais do servizo”.
Rodil desmontou a proposta de financiamento presentada, que prevé chegar aos 18 euros por hora en 2028. “Non cubre o custo real do servizo, que en moitos municipios supera os 23 euros a hora ordinaria e os 25 a extraordinaria”, afirmou. Para ilustralo, deu exemplos concretos: no Porriño o prezo é de 23,79 euros/hora, en Láncara de 24 euros e en Vila de Cruces de 23,31 euros a hora ordinaria, que se elevan a 26,81 euros nos domingos e festivos. “Que a Xunta e o Estado vaian pagar 18 euros á hora dentro de dous anos é case un insulto tendo en conta o que di a Lei de Dependencia”, aseverou, recordando que a normativa exixe que o financiamento sexa asumido ao 100% polos gobernos galego e español.
A deputada do BNG destacou que este déficit de investimento perpetúa os problemas estruturais do SAF, manténdoo “ao borde do colapso”. Entre eles, sinalou as “listas de agarda inadmisibles con milleiros de persoas por toda Galiza” e unha precariedade laboral “insoportable”. “As traballadoras do SAF levan anos reclamando un novo convenio colectivo que mellore as súas condicións de traballo e incremente os seus salarios, actualmente por baixo do mínimo interprofesional”, explicou Rodil, ligando directamente esta situación á falta de fondos.
O punto máis grave da súa intervención estivo relacionado coa seguridade das empregadas. Rodil lembrou o asasinato da traballadora Teresa de Jesús no Porriño o pasado mes de xullo, mentres atendía unha muller dependente. “Teresa puxera en coñecemento tanto da empresa como do concello o que estaba a vivir”, recordou, e tras o suceso “todas as administracións, entre elas a Xunta, comprometéronse a adoptar protocolos de prevención”. Ante esta promesa, preguntou: “Como se van garantir as medidas de seguridade necesarias no SAF con este financiamento? É evidente que ao goberno do PP na Xunta non lle preocupa o máis mínimo a situación que viven as traballadoras do SAF”.
En conclusión, Olalla Rodil reiterou a postura do BNG: “O financiamento do SAF ten que ser asumido pola Xunta e o Estado tal e como determina a lei e debe axustarse ao custo real do servizo”. Unha reivindicación que o bloque nacionalista mantén como única solución para garantir a viabilidade do servizo, a dignidade laboral das profesionais e o dereito á atención das persoas dependentes.
























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



