O Vicealcalde explicou que o obxectivo do Concello é transformar a Escola da Pedragosa nun moderno centro de procesamento que contará con maquinaria de última xeracion por valor de 38.700€
Vilalba, 26 de Febreiro de 2026. O Vicealcalde Modesto Renda presentou hoxe un pioneiro proxecto para a creación dun Centro de Procesamento e Transformación do Mel, onde os produtores/as locais poidan procesar de xeito totalmente gratuíto e sen necesidade de inversión.
Un ambicioso plan, centrado na rehabilitación total da Escola da Pedragosa, San Simón, e que o Concello pretende convertir nun moderno centro de transformación, coa instalación de maquinaria de última xeracion e que incluirá:
Unha desoperculadora automática.
Un madurador calefactable de 70 litros.
Un cerificador para 20 cadros.
Un extractor eléctrico 6c.
Unha envasadora premium con soporte.
E un Banco de Decantacion para o filtrado.
Ademais, instalarase:
Un novo pavimento multicapa antideslizante e apto para industrias.
Un moderno lavadeiro industrial.
E tamén:
Pintarase toda a de zona de actuacion.
Renovanse as luminarias, substituíndoas por outras de tecnología LED,
E mellorase na accesibilidade, suprimindo as barreiras arquitectonicas coa ampliación da actual rampla en hormigón desactivado e a colocación dunha barandilla de aceiro lacado.
Tal e como explicou Renda, o Concello vén de presentar a documentación necesaria para optar ó programa de axudas para ‘Proxectos de creación mellora e ampliación de servizos básicos’ da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e é por isto que, co ánimo de cumprir cos criterios que se esixen no mesmo, o Centro de Procesamento e de Transformación contará con servizos como:
Un aparcabicicletas co fin de favorecer unha mobilidade sostible.
Un colector de aceite usado para favorecer a reciclaxe.
Un Punto Verde de recollida de pilas, tapóns e todo tipo de bombillas e equipos electrónicos.
E mellorarase a sinalización da parroquia nas zonas adxacentes.
O custe total do proxecto ascende aos 38.700 euros e o obxectivo da Vicealcaldía é contribuír a complementar as economías familiares e a xerar oportunidades de desenvolvemento e #emprego no rural.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



