Xove, 23 de marzo, 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Xove pon en marcha unha nova iniciativa dirixida ás persoas afeccionadas á lectura: a creación dun Club de Lectura na Biblioteca Municipal de Xove. O proxecto nace co obxectivo de ofrecer un espazo de encontro para quen disfruta dos libros e desexa compartir a experiencia lectora con outras persoas.
O club concíbese como un lugar de reunión periódica no que, nun ambiente de respecto, participación e entretemento, os asistentes poderán comentar e intercambiar impresións sobre un mesmo libro. Trátase dunha actividade pensada para fomentar o hábito lector, o diálogo e a convivencia arredor da literatura.
Para iniciar o proxecto, a Biblioteca Municipal organiza un primeiro encontro informativo e de toma de contacto, aberto a todas as persoas interesadas. A reunión celebrarase o venres 27 de marzo ás 19:00 horas nas instalacións da biblioteca.
Este encontro servirá para explicar o funcionamento do club, recoller propostas das persoas asistentes e establecer de maneira conxunta as liñas básicas desta nova actividade cultural, coa intención de que resulte atractiva e enriquecedora para todo o grupo.
Desde o Concello de Xove anímase ás persoas amantes da lectura e usuarias da biblioteca a participar nesta primeira reunión e a formar parte deste novo espazo de encontro cultural, pensado para compartir e gozar da lectura en comunidade.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



