O portavoz municipal asegura que “se chegan a rexistrar atrasos de máis dun mes” no reparto polo que se xeran “moitas queixas” dos veciños e veciñas porque “as cartas chegan tarde e teñen, incluso, perdido citas”
Trabada, 23 de marzo de 2026. O Partido Popular advirte que “o PSOE non fixo nada por reforzar o servizo de Correos en Trabada: o alcalde limitouse a escribir unha carta e o Goberno de Sánchez limítase a dicir que adapta a plantilla á cantidade de envíos a distribuír” e que “as leis presupostarias limitan a contratación”.
O portavoz do PP local, José María Fernández, subliña que “hai unha soa persoa” para cubrir o servizo en todo o municipio polo que, como é lóxico pola falta de persoal, “se chegan a rexistrar atrasos de máis dun mes” no reparto de cartas. Nese sentido, “temos recibido moitas queixas” dos veciños e veciñas porque “hai información que lles chega tarde e teñen, incluso, perdido citas”.
Os populares consideran “insuficiente” a resposta oficial do Goberno de Sánchez ás preguntas formuladas polos representantes lucenses no Senado -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- para coñecer a situación real do servizo de Correos no municipio e as medidas que tiña pensado adoptar o Goberno do Estado para poñer fin ás graves deficiencias que se veñen rexistrando.
A resposta oficial do Goberno revela que “non adoptaron ningunha”, subliñan. “Aseguran que contrataron unha persoa para cubrir en baixa en decembro, pero con iso non solucionan o problema de falta de persoal que xera graves prexuízos no municipio”, indican.
Os populares cren que Correos, como empresa pública dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, debería ofrecer un servizo postal áxil garantindo entregas rápidas e seguras, tamén no rural lucense; “pero en Trabada o que está a facer é entorpecer a actividade diaria e empresarial dos veciños e veciñas”.
O portavoz municipal sinala, ao respecto, que “o alcalde non está a xestionar nin tratando de solucionar. O que debería facer é reunirse cos responsables directos do servizo dependente do Goberno de Sánchez, da súa mesma cor política, para tratar de resolver a situación e ofrecer unha solución aos veciños e veciñas. Hai que facer algo máis que escribir cartas”, conclúe.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



