Antonio Ameijide recorda que “a Deputación está para colaborar cos Concellos e non para asfixialos con taxas en obras de interese público ou esenciais para dar servizo aos veciños e que en nada afectan ou danan ás infraestruturas provinciais”
Lugo, 25 de marzo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial levan ao Pleno unha proposta para que o goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo aplique beneficios fiscais ou bonificacións nas taxas que pagan os Concellos por realizar obras nas zonas contiguas ás estradas provinciais ou para o aproveitamento de bens de dominio público provincial que sexan necesarias para prestar servizos públicos de competencia municipal.
O portavoz, Antonio Ameijide, esixe “poñer en marcha o procedemento para modificar as ordenanzas fiscais reguladoras” porque, nos termos actuais, “supón un elevado custo aos Concellos á hora de acometer obras en zonas contiguas ás estradas provinciais como poden ser acometidas de auga potable”. Esta situación pode supoñer, incluso, que as entidades locais teñan que, en ocasións, decidir non executar actuacións de interese para os veciños e veciñas “polo sobrecuste que supón esta taxa, chegando incluso a case superar o pago desta taxa o custe da propia intervención”.
Ameijide explica que “un número importante dos expedientes tramitados pola Deputación de Lugo no marco destas ordenanzas fiscais corresponden a liquidacións practicadas a Concellos, con elevados importes, por unha utilización, obra ou aproveitamento necesario para promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúen a satisfacer as necesidades dos veciños e veciñas”.
Antonio Ameijide recorda que “a Deputación está para colaborar cos Concellos e non para asfixialos con taxas en obras de interese público ou esenciais para dar servizo aos veciños e que en nada afectan ou danan ás infraestruturas provinciais”.
ACORDO FAI MÁIS DE 10 ANOS
O Grupo Provincial Popular xa propuxera no Pleno ordinario de decembro de 2015 modificar ambas ordenanzas fiscais reguladoras vixentes: a da taxa por autorizacións de obras e outros aproveitamentos situados en zonas contiguas ás estradas provinciais da Excma. Deputación Provincial de Lugo modificada por última vez en 1994 e a da taxa pola autorización privativa ou o aproveitamento especial dos bens de dominio público provincial da Excma. Deputación Provincial de Lugo modificada por última vez no ano 1998.
Naquel momento, os distintos grupos que integraban a Corporación provincial coincidían na necesidade de modificar estas ordenanzas -atendendo á normativa de aplicación- para que as entidades locais obteñan algún tipo de beneficio fiscal ou bonificación no pago das taxas.























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



