Vai camiño dunha década que polo rural de Ribadeo apareceron unha serie de carteis indicadores, moitos, todos cun rótulo: ‘Camiño do encanto’. Opino que tódalas aldeas galegas, non só as de Ribadeo ou Vilalba, teñen algunha ‘pequena cousa’ que ofrecer á vista, cousas para desfrutar. Son en xeral pequenas, sen ambición de competir con grandes monumentos ou lugares potenciados para turismo, pero aí están, brindándonos a súa existencia para o noso desfrute. Aquelas sinais, froito dunha petición á Xunta por parte do Concello, o que lograron foi o encantamento da confusión, chamándose a un camiño sen unha ruta establecida (tempo despois aclarada ao menos en parte), e a un encantamento de non se sabía nin que nin onde, pois nun cruce podían coincidir varias indicacións iguais sinalando direccións e sentidos diferentes. É evidente que se tratou dunha descoordinación da que descoñezo os detalles, mais para min ten outro significado, resultado da confusión, que é o evitar centrármonos nas cousas que se querían resaltar, que non eran todas as posibles, senón algunhas recollidas con algún criterio. Algo así como pasar de lugar con encanto a lugar encantado/enmeigado, o que o fai perder o engado que podería ter o encanto.
O caso é que Ribadeo -sigo con Ribadeo porque é o lugar do ‘Camiño do encanto’, pero como exemplo máis ou menos replicable noutras partes de Galicia- ten hoxe por hoxe algúns lugares icónicos, da praia das Catedrais á Illa Pancha, pasando pola Torre dos Moreno, ós que alguén lle podería engadir o miradoiro de Santa Cruz. Deixando a unha beira que se puideran elixir outros como máis significativos, os lugares citados, urbanos e do rural, non colman nin moito menos as posibilidades. No urbano, fican literalmente esquecidos a capela do convento de Santa Clara (xa que o convento en si non é visitable) ou a aínda recente Ruta das Pedras da Memoria, entre ganchos máis anunciados ou de máis doada descuberta como as casas indianas ou a Atalaia. No rural, a parroquia de A Devesa agocha a praia dos Castros, que pouco lle en que mirar á das Catedrais, pero tamén o val de Noceda, espazo de calma e agarimo á vista, ou o Pozo Mouro, no que as augas do rego de Lexoso alborozan o espírito antes de xuntarse con outras nun río maior. O modesto pero agradable adro da igrexa de Cubelas non só dá acubillo de por si, senón que tamén ofrece á vista o val que forma naquelas alturas o xa río Grande. Río que, no seu paso por varias parroquias, ten lugares de encanto como a ponte das Anzas (tamén Cubelas), ou a zona de marisma entre Ove e Santalla, dúas parroquias con outros puntos ‘de encanto’. Seguindo coas parroquias do interior, Arante non só é o barrio da Ponte, coa capela de Virxe das Virtudes e a celebración anual da cerimonia dos pendóns, senón que dispón dunha árbore como o remarcable Teixo da igrexa, ou do Castro da Aira da Croa, un dos recollidos no libro de José María Rodríguez Díaz ‘Os Castros de Ribadeo’ a carón dos enumerados noutras parroquias, ou o Marco da Pena Verde, onde tempos antergos veñen a poñer os límites municipais de hoxe, segundo nos indicou Emilio Piñeiroa. Falando de árbores, se nos imos a Vilaframil, os Alciprestes do Centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias están recollidos no catálogo de árbores senlleiras de Galicia, pero tamén as instalacións que os albergan teñen non só ‘encanto’ ó pé do Corno senón tamén historia propia.
Quedan aínda unhas cantas parroquias por repasar, e cousas por dicir das xa citadas -a ter en conta que, por exemplo, non se falou ata aquí da ría de Ribadeo, Rinlo ou da agreste fronte costeira sen praias relevantes pero con atraíntes cantís-, e co dito xa podemos ter dúbidas de se a confusión do ‘camiño do encanto’ non foi un ‘encanto de confusión’ para que teñamos que ir pouco a pouco descubrindo lugares que a nosa terra e os nosos devanceiros moldearon, á nosa/súa medida, evitando un empacho que puidera facer que os minusvaloráramos.
Por outra banda, é posible que a xente que mellor poda apreciar eses espazos non sexa a que máis consuma, obxectivo ese, o consumo, do desenvolvemento turístico adorador da pela…



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



