Neste momento, xa se está traballando en activar as bonificacións para os fogares máis próximos a esta instalación, que serán de ata un 80 por cento no seu consumo de electricidade
Ribadeo, 30 de abril de 2026. A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que o vindeiro día 18 de maio a Xunta, Recursos de Galicia (RDG) e alcaldes e empresarios dos municipios onde se asenta o parque eólico Mondigo (Ribadeo, Trabada e Barreiros), van comezar cos traballos para establecer os descontos dos que se van beneficiar, tamén, as empresas emprazadas nos núcleos de poboación próximos a esta instalación.
Na clausura do foro Empresa, Industria e Innovación, organizado no marco do programa Conecta Lugo, Lorenzana lembrou que, neste momento, estase traballando en activar os descontos dos que se van os fogares máis próximos a este parque eólico, que serán de ata un 80 por cento no seu consumo de electricidade. E, nas vindeiras semanas, comezarase a deseñar o plan industrial para estender estas bonificacións ás empresas locais.
A conselleira asegurou que Mondigo é un proxecto que pon de manifesto o obxectivo da política enerxética da Xunta: “Que a xeración de enerxía teña un retorno directo para os veciños e para as empresas”. “Non hai industria a día de hoxe se non hai enerxía”, apuntou ao respecto. “Se queremos que haxa industria nun territorio temos que saber crear as condicións -dixo-; a industria non chega por casualidade, faino porque hai unha política económica clara”.
Neste contexto, Lorenzana amosouse tamén partidaria de “facilitar a implantación empresarial eliminando barreiras, reducindo tempos e acompañando as empresas”, tal e como está facendo a Xunta a través da Oficina Económica de Galicia. “Cada proxecto que non se atende, cada investimento que non se acompaña é unha oportunidade que se perde”, remarcou.
“Este é o cambio que estamos tratando de impulsar: pasar dunha administración que simplemente responde nos tempos en que pode, a ser unha administración que realmente lidera o acompañamento económico no territorio”, dixo, para destacar a necesidade, tamén, de axilizar os procedementos para dispoñer de solo industrial e de crear ecosistemas industriais.
O enorme potencial da Mariña
Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, foi a encargada de abrir este foro e fixo un chamamento á industria a aproveitar o “enorme potencial” que ofrecen Galicia en xeral e A Mariña de Lugo en particular no ámbito do sector primario, porque “quen saiba optimizar estas potencialidades non só xerará valor aquí, senón que competirá con forza nun mercado global cada vez máis esixente”.
Nesta liña, Gómez defendeu que se dispón de recursos, coñecemento e dun modelo baseado na calidade que animou a poñer en valor, tomando como referencia tres eixos fundamentais, como son o agro, o monte e o mar.
Así, sobre o primeiro, incidiu no liderado que ostenta a nosa comunidade dentro do lácteo, non só por volume de produción, senón tamén por transformar aquí arredor do 75 % do leite que se produce. Puxo ademais de relevo a puxanza doutros sectores, caso do cárnico, a horta ou a flor cortada e a planta ornamental. Todo isto, subliñou a conselleira, cun modelo máis diverso, máis técnico e máis empresarial, favorecido pola innovación e por un apoio público dentro do que destacou o eido da formación, con centros como o CFEA Pedro Murias de Ribadeo.
En relación co monte, Gómez afirmou que “é moito máis que paisaxe; é economía, emprego e equilibrio territorial”, algo que se fai moi visible en áreas como A Mariña. Remarcou tamén a importancia de incorporar tecnoloxía e de impulsar a formación neste sector, para mellorar a produtividade, a xestión e a prevención dos incendios.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



