Os populares teñen aprobado unha iniciativa no Senado; pero, “a pesar das reiteradas promesas do Goberno de Sánchez, grandes áreas da provincia de Lugo continúan sen cobertura de telefonía móbil nin acceso a fibra óptica, unha situación que lastra o desenvolvemento laboral, educativo e económico de veciños e empresas”
Trabada, 8 de maio de 2026. “O Goberno de Sánchez non ten intención de despregar redes de fibra óptica nas parroquias de Valboa e Ría de Abres, no municipio de Trabada”, segundo se desprende da súa resposta oficial ante as preguntas formuladas polos senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano.
Os populares esixían por escrito explicacións sobre os motivos que xustifiquen o despregamento parcial da banda ancha de alta velocidade mediante fibra óptica no municipio do que se exclúen estas dúas parroquias. Así mesmo, os senadores preguntaban polas previsións do Goberno de España para incorporar Valboa e Ría de Abres nos seus programas para estender a fibra óptica.
Á vista de que “non responden ás nosas preguntas” porque “a resposta que ofrecen non se adecúa especificamente ao que preguntamos”, os populares entenden que “estas dúas parroquias de Trabada quedan fóra dos plans do Goberno de Sánchez”.
INICIATIVA NA COMISIÓN DE TRANSFORMACIÓN DIXITAL
Os senadores lucenses do Grupo Popular lograron aprobar na Cámara Alta a finais do 2025 unha iniciativa para instar ao Goberno de España a garantir o despregamento de infraestruturas de telecomunicacións nos municipios que o necesiten, ofrecendo o apoio necesario para que alcancen a toda a poboación. Concretamente instaba ao Executivo a garantir o acceso a telefonía móbil e fibra óptica na totalidade da provincia de Lugo toda vez que moitos lugares continúan sen cobertura de telefonía móbil nin acceso a fibra óptica, “unha situación que lastra o desenvolvemento laboral, educativo e económico de veciños e empresas”.
Balseiro lembra que, mentres o Goberno presume de pechar a fenda dixital e xestiona importantes fondos europeos destinados a conectividade, moitas zonas seguen excluídas pola renuncia de adxudicatarios ou pola falta de impulso efectivo da administración estatal.
FALTA DE PESO POLÍTICO DO ALCALDE
O portavoz do PP local, José María Fernández, asegura que “esta situación supón unha clara desvantaxe respecto ao resto do municipio” e “un agravio respecto das zonas que si dispoñen de conexión a fibra óptica”.
O popular defende a “igualdade de oportunidades para tódolos veciños e veciñas do municipio” e pregúntase “que xestións fixo o alcalde para tratar de resolver esta situación inxusta cos veciños de Valboa e Ría de Abres que resultan discriminados con respecto ao resto dos veciños do municipio de Trabada”. E incide en que, “unha vez máis, vemos a súa falta de peso para xestionar cos membros do seu partido con responsabilidades noutros Gobernos”.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



