Barreiros, 16 de maio de 2026. A alcaldesa, Ana Ermida e o concelleiro de dinamización e deputado provincial, Dani García presentaron as actividades que se levarán a cabo o domingo 17 de maio no mercadiño de primavera, que servirá tamén para festexar o Día das Letras Galegas.
A xornada comezará ás 11 horas coa apertura dos postos acompañado da actuación do grupo de gaitas da agrupación folclórica local O Arco da Vella. Seguidamente amenizará o mercadiño o grupo Os Mustélidos & Fran Zelop cun repertorio íntegro en lingua galega.
Como xa é habitual neste evento organizado polo Concello de Barreiros e que conta coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, realizarase unha degustación de elaboracións con razas autóctonas, que serán presentadas a vindeira semana. Todas as persoas que fagan algunha compra nos postos disporán dun vale para a desgustación.
Actividades variadas para todos os públicos
Durante a xornada realizaranse dous obradoiros relacionados coas flores e coas plantas. O primeiro deles, en xornada de mañá, será sobre os saberes tradicionais con plantas silvestres (melisa, caléndula e ortiga) no cal as persoas asistentes descubrirán como recoñecer estas plantas así como distintos usos prácticos e tradicionais que se realizan con elas e elaborarán distintas preparacións.
No segundo obradoiro, en xornada de tarde, elaborarase unha cápsula decorativa con flor seca. Os talleres serán de balde e para anotarse será preciso inscribirse previamente no rexistro do Concello a partir do vindeiro luns 11 de maio e terán unha capacidade máxima de 15 prazas con preferencia para xente empadroada en Barreiros.
Para a alcaldesa, Ana Ermida, “os mercadiños son unha xornada de encontro entre a veciñanza e que tratamos de organizar de maneira que todo o mundo poida participar en algunha das moitas actividades que se programan ao largo do día. Estamos moi orgullosos e orgullosas de que esta iniciativa sexa sempre un éxito de participación”.
Tamén en xornada de tarde os mais pequenos terán actividades de manualidades e contaremos co posto divulgativo Lambiscadas Científicas de Xuven Lab no cal se achega a ciencia ao público dun xeito próximo, dinámico e participativo. As persoas visitantes poderán coñecer máis sobre as carrachas a través dunha pequena presentación divulgativa centrada en que son, como actuar ante unha picadura e que medidas de prevención debemos adoptar.
Ademais, os máis pequenos poderán participar nunha actividade práctica de cromatografía, creando flores de cores mentres descobren conceptos científicos como as mesturas e a separación de pigmentos. No posto tamén estarán dispoñibles trípticos divulgativos sobre diferentes temáticas científicas e ambientais —como montes veciñais, velutinas ou superbacterias— co obxectivo de dar a coñecer este proxecto e ofrecer información ás asociacións ou entidades interesadas en solicitar futuras charlas e actividades divulgativas. Trátase dun proxecto financiado pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Para finalizar o mercadiño, o Coro Airiños do Mar de Barreiros deleitaranos cun repertorio especial do Día das Letras Galegas, antes do tradicional sorteo de cestas con produtos dos distintos postos.
“Facer partícipe destes mercadiños á xente de Barreiros e ver como en cada cita aumenta o interese da veciñanza por participar nas distintas actividades é sin dúbida moi gratificante”, recalca o concelleiro de dinamización.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



