Viveiro, 12 de maio, 2026. O colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro organizará o vindeiro venres 15 de maio, ás 20:00 horas, un acto de homenaxe a Hernán Naval, unha figura fundamental para a vida cultural da vila.
Coñecido pola súa faceta como músico e compositor, Naval destacou tamén polo seu compromiso coa cultura galega e polo seu intenso labor no movemento asociativo e cultural de Viveiro. Foi presidente da Asociación Cultural Sementeira e participou activamente na dinamización de numerosos proxectos, ademais de contribuír á posta en valor do Teatro Pastor Díaz como espazo de referencia cultural.
O acto contará coas intervencións de Francisco Lois Rodríguez e Carlos Nuevo, que afondarán na dimensión humana e cultural de Hernán Naval.
A homenaxe incluirá tamén varias actuacións musicais a cargo de David Bellas, o sexteto vocal SondeNós e o grupo de cámara do Conservatorio de Viveiro, nunha celebración arredor da música, da memoria e do legado cultural que Naval deixou na vila.
A iniciativa organízase conxuntamente coa Asociación Francisco Lanza de Ribadeo, que celebrará o sábado 16 de maio o seu propio acto de homenaxe, cun xantar de confraternidade e un concerto da banda e da coral de Ribadeo.
Desde Pensamento e Sementeira destacan que esta homenaxe nace do agradecemento e da vontade de lembrar unha persoa que deixou unha fonda pegada na cultura local e en varias xeracións de viveirenses.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



