Este 17 de maio celebramos na honra da figura e da obra da escritora, xornalista e feminista Begoña Caamaño, o Día das Letras Galegas. Unha conmemoración que se iniciou en 1963 co gallo do centenario da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro. Primeiro gran poemario na nosa lingua, publicado en 1863. Un acontecemento que daría paso ao rexurdimento pleno das nosas letras.
E non é casualidade que unha das primeiras grandes obras da nosa literatura fose un poemario. Xa nos deixóu dito Cunqueiro, talvez esaxerado un pouco, que o idioma galego, dende finais da Idade Media ata ben entrado o século XX, fóra, fundamentalmente, unha lingua de probes e de poetas.
Pero haberá que esperar ao século XIX para que os nosos poetas descubran definitivamente ao pobo e con él, a súa lingua. E desta extraordinaria conxunción xurdira, entre outros poetas, a gran Rosalía, convertendo o seu canto en metáfora do seu pobo. Un pobo secularmente olvidado e humillado por un poder alleo aos intereses da súa xente.
Esta situación de inxustiza e desamparo sustanciarase na obra da nosa poetisa cun claro predominio da tristura sobre o orgullo e da dor sobre a grandeza. Reflexo dun pobo que se manifesta cunha constante resignación, o que anos máis tarde lle fai dicir a Castelao que a nosa xente non protesta, emigra.
Pero Rosalía, ademais de ser o eco dese “longo penar”, ao traveso da lingua daralle tamén ao noso pobo o primeiro gran pulo de dignidade, ademais de facelo presente na conciencia da súa xente.
E esa sementeira de conciencia e dignidade que na súa obra espalla Rosalía, acabou cristalizando con toda a súa forza na vida e na obra de Begoña Caamaño que vertebrados, ámbalas dúas, por un profundo compromiso feminista, faría da palabra un constante compromiso na defensa da xustiza social, da nosa lingua, do seu pobo e dos dereitos da muller; tecendo unha obra literaria atravesada pola resistencia e a dignidade.
E facendo honor a súa memoria, este domingo celebraremos a gran festa das nosas letras.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



