Castro de Rei, 15 de maio, 2026. A Garda Civil investiga un vertido ilegal de residuos perigosos nunha parcela de titularidade municipal situada no polígono industrial de Castro Riberas de Lea, no termo municipal de Castro de Rei.
A actuación policial iniciouse tras a denuncia presentada polos representantes da administración local, que comunicaron que un camión, ocupado por polo menos tres persoas, realizara en dúas ocasións descargas de placas de uralita na citada parcela.
Os axentes comprobaron que o material abandonado correspondía presuntamente a uralita antiga con contido en amianto ou asbesto, substancias catalogadas como canceríxenas pola lexislación vixente e cuxa manipulación e eliminación require un tratamento específico realizado por empresas autorizadas.
Durante a investigación, e tras o visionado das cámaras de videovixilancia instaladas polo Concello no polígono industrial —que rexistran imaxes as 24 horas do día—, conseguiuse identificar un camión tipo caixa accedendo ao lugar e descargando os residuos.
Como resultado das xestións practicadas, a Garda Civil formulou dúas denuncias administrativas por supostas infraccións á Lei 6/2021, de residuos e solos contaminados de Galicia, normativa que contempla sancións de ata 300.000 euros en casos de abandono, vertido ou eliminación incontrolada de residuos perigosos, segundo o disposto no seu artigo 81.
Os residuos foron posteriormente retirados e trasladados por unha empresa autorizada, encargada da súa correcta xestión e tratamento.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



