Viveiro, 1 de xuño, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentou varios rogos ao Goberno municipal relacionados con cuestións de seguridade, accesibilidade e transparencia administrativa en diferentes puntos do municipio.
En primeiro lugar, o grupo solicitou información sobre o estado de tramitación dunha reclamación presentada por veciños da zona de Manuel Gómez Blanco, na subida a Pénxamo, relativa á existencia dun cobertizo destinado ao almacenamento de leña nun patio particular. A veciñanza trasladou a súa preocupación ao Concello hai xa un tempo, polo que o PSOE pide coñecer se se abriu expediente, en que fase se atopa e se está prevista algunha resolución.
Nun segundo rogo, o Grupo Socialista reclamou actuacións urxentes na praia de Celeiro, onde a canalización de augas pluviais situada xunto ás escaleiras da Confraría de Pescadores quedou ao descuberto tras os temporais dos últimos meses. Esta situación supón un risco para as persoas usuarias do areal, especialmente ás portas da tempada de baño. Por iso, o PSOE pide ao Goberno municipal que realice as xestións necesarias ante Portos de Galicia para proceder ao recheo e acondicionamento da zona.
O grupo tamén expresou a súa satisfacción pola creación dun acceso directo entre o porto deportivo e a avenida Ramón Cañosa, unha demanda histórica da veciñanza e dos anteriores equipos de goberno. Porén, advertiu que o proxecto en execución contempla unicamente escaleiras, sen incorporar unha rampa accesible. O PSOE considera imprescindible garantir a accesibilidade universal e solicita que se modifique o proxecto para incluír unha rampa que permita o uso por parte de persoas con mobilidade reducida, familias con carriños ou persoas maiores.
Finalmente, o Grupo Socialista trasladou outro rogo relacionado coas obras de prevención de inundacións na Xunqueira. Debido aos traballos, un dos accesos habituais permanece cortado, obrigando os peóns a atravesar un prado particular que, en caso de choiva, presenta barro e humidade. O PSOE propón habilitar provisionalmente un camiño municipal existente, paralelo ao muro da finca, mediante unha limpeza e o estendido dunha capa de zahorra, garantindo así un paso seguro e accesible mentres duren as obras.
O grupo subliña que comparte a necesidade destas actuacións, pero considera fundamental minimizar as molestias á veciñanza e preservar, na medida do posible, os accesos a vivendas, fincas e servizos.











Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



