Viveiro, 8 de xuño, 2026. O Centro Comercial Histórico de Viveiro celebra o éxito da primeira edición do Concurso de Miniburguers, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes para dinamizar a hostalaría local e ofrecer unha proposta gastronómica diferente tanto á veciñanza como ás persoas visitantes.
Ao longo dos dous días de concurso, os sete establecementos participantes rexistraron unha gran afluencia de público, con locais cheos e un ambiente excepcional nas rúas do centro histórico. A iniciativa espertou un notable interese entre os clientes, que percorreron os distintos locais para degustar as creacións elaboradas especialmente para esta ocasión.
Tras o reconto das votacións realizadas a través da App ViveiroCCH, o establecemento gañador desta primeira edición foi Vinoteca Los Leones, coa súa Miniburguer Los Leones, preparada con carne de porco celta, rulo de cabra e cebola caramelizada. As votacións foron contundentes e deixaron patente a excelente acollida desta proposta, que recibiu numerosos eloxios polo seu sabor e pola combinación dos seus ingredientes.
Como recoñecemento, Vinoteca Los Leones recibiu a distinción da “Miniburguer Dourada”, converténdose no primeiro gañador deste novo certame gastronómico.
Ademais, entre todas as persoas que participaron nas votacións a través da aplicación, realizouse o sorteo dunha cea para dúas persoas. O afortunado foi Pedro del Valle, quen recibiu o seu premio da man de Cristina Rodríguez e Gracia Gonçalves, presidenta e secretaria do CCHV.
Desde a organización fan unha valoración moi positiva desta primeira edición, que superou as expectativas tanto pola implicación dos establecementos como pola extraordinaria resposta do público. O éxito da convocatoria confirma o interese por iniciativas que combinan gastronomía, lecer e comercio de proximidade, contribuíndo a dinamizar a actividade económica e social do centro histórico.
Este concurso enmarcouse dentro das actividades da “Festa do Comercio”, celebrada o sábado 30 de maio para conmemorar o Premio Comercio Dinamización 2025 recibido polo CCHV o pasado mes de novembro.
Á vista dos excelentes resultados, a organización xa traballa coa intención de dar continuidade a esta iniciativa en futuras edicións, co obxectivo de consolidala como unha cita gastronómica de referencia dentro da programación do Centro Comercial Histórico de Viveiro.
























No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



