Ribadeo, 11 de xuño de 2026. Grupo Breogán patrocina o Pasaporte de Acisa Ribadeo, a nova campaña para dinamizar o comercio e a hostalería locais, que deu comezo o pasado 8 maio e rematará este domingo, día 14, co sorteo ante notario dunha viaxe a Lanzarote para dúas persoas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, agradeceu o patrocinio do Grupo Breogán, “empresa á que lle agradecemos o seu apoio”. E subliñou: “estamos moi contentos de seguir incorporando empresas da nosa vila e asentadas noutros concellos da contorna ás actividades e campañas que organizamos desde Acisa. Grazas á súa colaboración podemos ampliar a nosa oferta. Sentímonos arroupados polo empresariado e iso é moi importante para Acisa e para as firmas que están ao noso carón”.
Cruzado Iglesias engadiu: “o domingo vai ser unha xornada especial para a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. Convidamos a toda a clientela dos negocios locais a achegarse pola rúa San Francisco durante a mañá e ás 14:00 horas ao sorteo ante notario da viaxe a Lanzarote”.
A presidenta de Acisa e o xerente do Grupo Breogán na Mariña, Rubén López Bravo, mantiveron un encontro nas instalacións do colectivo empresarial ribadense para analizar os últimos detalles da campaña do Pasaporte.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



