Subliñan que a A-74 representa unha aposta de primeira orde fronte á rebaixa da Xunta na variante de Viveiro
Lugo, 19 de xuño de 2026. A deputada do PSdeG no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, celebraron hoxe a aprobación por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible do proxecto de trazado da Autovía A-74 da Mariña entre O Carme e Barreiros, cun orzamento estimado de máis de 123 millóns de euros.
“A aprobación deste proxecto supón un gran avance para unha actuación prioritaria para as e os socialistas lucenses”, subliñaron Otero e Mogo, que destacaron que a futura A-74 está chamada a dar continuidade á A-8 a través do corredor cantábrico da Mariña e a mellorar a conexión entre Barreiros e o porto de San Cibrao.
Patricia Otero, deputada socialista pola provincia de Lugo e membro da Comisión de Transportes do Congreso, cualificou a aprobación deste proxecto como “unha excelente noticia para A Mariña e para o conxunto da provincia”. “É unha excelente noticia para nós, as e os socialistas, porque falamos dunha infraestrutura estratéxica e prioritaria para o futuro da comarca”, sinalou.
Otero destacou que “a provincia de Lugo, durante os oito anos de Goberno de Pedro Sánchez, está a coñecer un desenvolvemento viario e ferroviario moi importante”. Neste sentido, incidiu en que “para as e os socialistas lucenses era unha prioridade” e que este avance supón “un salto adiante nunha infraestrutura fundamental para A Mariña e que xa non ten volta atrás”.
Pola súa banda, César Mogo puxo en contraste o avance impulsado polo Goberno de España coa falta de ambición da Xunta en proxectos estratéxicos para a comarca. O senador socialista subliñou que “este importante paso adiante convive co fiasco da variante de Viveiro, que a Xunta rebaixou de categoría desde unha vía de alta capacidade a unha estrada convencional”.
Mogo advertiu de que “A Mariña non se defende con investimentos de segunda orde, senón con investimentos de primeira categoría, como agora coñecemos coa Autovía da Mariña, que será unha realidade con este Goberno”.
O proxecto aprobado corresponde ao tramo entre O Carme e Barreiros, pertencente ao treito Foz-Barreiros. A actuación ten unha lonxitude aproximada de 6,57 quilómetros e permitirá deseñar un novo tramo da futura A-74, concibida como alternativa á N-642, estrada que discorre pola costa e que chega a acadar os 15.000 vehículos diarios no período estival.
Dende o PSdeG da provincia de Lugo conclúen que esta actuación evidencia “o enorme traballo que está a facer o Goberno de España para impulsar investimentos de primeira orde que permitan vertebrar a provincia de Lugo”.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



