Cervo, 26 de xuño do 2026. O Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar nas tradicionais Festas da Senra, que se celebrarán o vindeiro sábado 27 de xuño cun completo programa relixioso, cultural e festivo organizado pola Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, coa colaboración do Concello de Cervo.
A presentación da programación contou coa participación da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e de membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, entidade encargada da organización dos festexos, que destacaron a importancia de manter vivas as tradicións e de impulsar actividades que favorezan a convivencia e a participación veciñal.
A xornada dará comezo ás 13:00 horas coa misa na honra de San Pedro e da Virxe do Carme, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da tradicional procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal.
A continuación celebrarase unha sesión vermú amenizada pola orquestra Galaxia, que tamén será a encargada de poñer a música á gran verbena nocturna, prevista para as 22:30 horas, xunto á discomóbil ConXuro.
Os actos festivos prolongaranse ata o luns 29 de xuño, día de San Pedro, cando terá lugar unha misa na súa honra ás 19:00 horas.
Desde o Concello de Cervo e desde a Asociación Cultural e Recreativa O Raxal convidan a toda a cidadanía a achegarse á Senra para gozar dunhas festas que combinan tradición, música, relixiosidade e convivencia, converténdose nunha cita destacada do calendario festivo do municipio.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “as Festas da Senra son unha cita moi especial dentro do calendario festivo de Cervo, porque representan o compromiso da veciñanza coa conservación das nosas tradicións e coa dinamización social e cultural das parroquias”.
Ademais, quixo agradecer o traballo da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, sinalando que “o labor que realiza durante todo o ano é fundamental para manter vivas celebracións tan arraigadas como esta, que cada edición reúnen a numerosas persoas arredor da música, da tradición e da convivencia”.
García Caramés tamén convidou á participación cidadá, “animamos tanto aos veciños e veciñas como ás persoas que nos visitan a achegarse á Senra e desfrutar dunha programación pensada para todos os públicos, que combina os actos relixiosos coa música e o ambiente festivo característico destas datas”.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



