A Presidenta da Deputación participou na sesión na que se avaliou o desenvolvemento do curso 2025-2026, no que destacou a consolidación do centro como universidade pública de referencia cun crecemento do alumnado respecto ao curso pasado do 12,5%
Lugo, 26 de xuño de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presidiu este venres a Xunta Reitora da UNED na sede lucense do centro universitario. Unha sesión na que a directora da entidade, Ana Belén Traseira, deu conta dun récord de matrícula de 1.245 estudantes no curso 2025-2026. Datos que confirman a consolidación do centro lucense como universidade pública de referencia cun incremento do alumnado do 12,5% respecto ao curso 2024-2025.
A directora destacou tamén o impacto económico e social do centro, cun retorno estimado de 13,25 euros por cada euro investido. Ademais, puxo en valor o traballo desenvolvido en materia de transición ecolóxica e sustentabilidade, recoñecido co Galardón Nacional de Boas Prácticas e coa acreditación como primeiro centro da UNED en acadar o nivel 3 de calidade pola súa xestión, avaliación e sustentabilidade.
Na reunión, que coincidiu cos 18 anos de apertura do centro lucense, acordáronse os orzamentos para o exercicio 2027, a programación do próximo curso e as novas actuacións previstas polo centro.
Carmela López puxo en valor estes resultados, que “confirman a consolidación da UNED de Lugo como un referente da universidade pública e un recurso clave para facilitar o acceso á formación superior na provincia”. Destacou tamén a implantación da nova titulación en Intelixencia Artificial o vindeiro curso, “unha aposta estratéxica para o futuro da provincia e un paso importante para reforzar a formación nun dos sectores tecnolóxicos con maior crecemento e proxección”.



















A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



