Cervo, 26 de xuño do 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o concelleiro Alfredo Fernández e o presidente da asociación Mar de San Ciprián, Moncho Rivas, desprazáronse hoxe ao Arsenal de Ferrol para facer entrega á Armada da histórica mina submarina da II Guerra Mundial situada na zona de Miramar, na Pena Meá, onde será sometida a un proceso de restauración e conservación.
Durante a visita tamén recolleron a réplica da peza, que será instalada nos vindeiros días no monumento á Armada, no seu emprazamento habitual, mentres duren os traballos de recuperación do artefacto orixinal.
Esta actuación, impulsada polo Concello de Cervo e pola Asociación Mar de San Ciprián, permitirá garantir a conservación dun dos elementos patrimoniais máis singulares da localidade. A mina forma parte do monumento á Armada inaugurado en 1967 e chegou á costa de San Cibrao en decembro de 1965, arrastrada polas correntes e os temporais. Tras ser desactivada pola Armada, foi instalada na Pena Meá como recordo dun episodio histórico moi presente na memoria colectiva da vila.
A alcaldesa destacou que “esta actuación supón un paso moi importante para preservar un dos símbolos máis recoñecibles do noso patrimonio histórico e marítimo. Grazas á colaboración da Armada poderemos recuperar e conservar esta peza nas mellores condicións, garantindo que continúe formando parte da nosa identidade colectiva”.
Dolores García Caramés quixo agradecer tamén “a implicación da Asociación Mar de San Ciprián e a excelente disposición da Armada, moi especialmente do Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol, D. Vicente Rubio Bolivar, e do Comandante D. José Manuel de Mata Hervás, para facer posible este proxecto, así como o traballo coordinado que permitirá que a cidadanía siga contando cunha réplica da mina no monumento mentres se executa a restauración da peza orixinal”.






















O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.



