Estas letras son unha lembranza de Elvire. Elvire, o seu alcume na Wikipedia, Elvira Mendes-Vega de nome e familia… Non a coñecín en persoa, vaia por diante. Pero si a tratei, mesmo sen coñecela: ser compañeiros na Galipedia, esa foi a ligazón. O 13 de maio, unha data con sonoridade portuguesa, aló polo 2013, faleceu. Pode atoparse unha foto súa, unha única, na Galipedia (https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Elvire_Elvira._Galipedista_e_galega.jpg, Fotografía CC0 de Luis Miguel Bugallo, Lmbuga).
Aló polo 2008 ou 2009 había un núcleo de xente máis relacionada dentro da Galipedia, unhas 8-10 persoas. Elvire era unha delas, exercendo a súa galeguidade dende unha Francia emigrante. Cunha conciencia de falta de Galicia na súa vida pola emigración e, ó tempo, unha querencia galega non sei se a pesar ou debido a esa falta.
É pouco o que podo dicir de Elvire con seguridade, só algúns detalles, mais teño que sinalar a causa destas letras, a súa orixe, e esa é a miña admiración por como unha francesa, ben que con orixe en Galicia, alguén que dicía saber o galego abondo peor que o castelán, e este, moito peor que o francés, identificou a Galipedia como un lugar no que poder contribuír a Galicia, poñendo o seu gran de area, grande, no proxecto comunitario. O dunha Galicia que a falta de tela baixo dos seus pés, estaba no seu corazón.
Repaso a correspondencia (correo electrónico) daqueles anos e atópome algunha cousa que delata algo de seu. Relataba nun deles que ía con moito retardo nas tarefas que pretendía na Galipedia e na wikipedia en francés. Achacábao a asuntos persoais, lamentando que a vida real a atropelara. E explicaba que consideraba que tiña que adiantarse na versión francesa porque pensaba que se a Galicia daquela, a súa cultura e a súa historia estaban ben tratadas das wikipedias das ‘linguas grandes’, iso era importante para Galicia, e no trempo non era o caso na wikipedia en francés. Si, tiña un dominio moito maior da lingua francesa e colaboraba na versión francesa, máis ó tempo que o facía na versión galega, na española, no Galizionario… E aínda que a relación de rexistros das súas contribucións indican que podíalle o editar nas versións en galego, o exposto indica que era moi consciente na procura do maior rendemento da súa colaboración na comunidade do coñecemento libre e en favor de Galicia.
Noutro lugar, ten axustado: “chámome ElvirA, o meu alcume é Elvire, por non estar libre na WPfr ElvirA cando me rexistrei, e como en francés chámome ElvirE que estaba libre …” Ou sexa, Elvire porque non lle queda outra, mais Elvira de sentimento e de forma legal, aínda que na pequena comunidade Galipedista calara o alcume ‘Elvire’.
Para min, unha mostra dunha emigración que sente e fai por Galicia e que merece o meu recoñecemento (e o de todos nós).
Soe dicirse ‘descanse en paz’. Que así sexa. Mais se queres visitala, a súa obra, as súas contribucións á cultura libre en galego están visibles. Un exemplo, as máis de nove mil edicións na Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Contribucións/Elvire




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



