Viveiro, 29 de xuño, 2026. A Irmandade do Prendemento de Viveiro será, un ano máis, a encargada de poñer á venda a Medalla Conmemorativa do Mercado Renacentista de Viveiro, cun prezo de 5 €. A medalla poderá adquirirse tanto no local situado nos claustros de San Francisco como na oficina de turismo. Con esta iniciativa continúase a colección dedicada á heráldica das liñaxes e escudos históricos da vila. A edición de 2026 está centrada na heráldica de Hevia Pumariño, conservada na Igrexa das Concepcionistas de Viveiro, dando continuidade a unha serie iniciada no ano 2010.
A colección inclúe as seguintes pezas:
2010: Escudo de Viveiro
2011: Escudo antigo de Viveiro da porta de Carlos V
2012: Liñaxe Alfeirán
2013: Liñaxe Galo
2014: Páez de Cora
2015: Vizoso
2016: Os Vivero
2017: Aguiar
2018: Pedro Pardo de Cela
2019: Ribadeneira
2022: San Xoán de Covas
2023: Santa María de Galdo
2024: Hospital de Santa Ana de Celeiro
2025: Lanzós-Pumariño-Lago
2026: Hevia
Ademais, a Irmandade tamén xestionará o servizo de alugueiro de traxes de época para o Mercado Renacentista, cunha ampla variedade de modelos para nenos e nenas, mulleres e homes, así como os seus complementos. A oferta foi renovada e ampliada, mantendo prezos accesibles: 15 € para nenos e nenas, e entre 20 € e 25 € para persoas adultas.
O servizo de alugueiro estará dispoñible os días 29 e 30 de xuño e 6, 7, 8, 9 e 10 de xullo, nos claustros de San Francisco, en horario de 18:00 a 21:00 h. Esta opción permite variar de personaxe cada ano e contribúe, ao mesmo tempo, aos proxectos que a Irmandade vén desenvolvendo nos últimos tempos.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



