Ribadeo, 30 de xuño de 2026. O XIV Curso de Jazz e Música Moderna celebrado a pasada fin de semana en Ribadeo rematou o domingo cun concerto no que participaron o alumnado e o profesorado.
Da organización desta actividade formativa encárgase a asociación Bruar e o seu presidente, Rubén Solloso, fixo un balance positivo: “tivo unha gran acollida tanto entre os participantes como entre o numeroso público que asistiu ós dous concertos que se ofreceron durante a fin de semana. O sábado os profesores do curso, Pablo Castaño ó saxofón, Lar Legido á batería, Javier Constenla ó piano, Marco Martinez ó baixo e Carmen Rey á voz actuaron no parque de San Francisco ante numeroso público que se congregou para o evento. O repertorio que interpretaron abarcou dende temas de Nat King Cole ata melodías brasileiras que acompañaron unha estupenda tarde tanto no musical coma no meteorolóxico. Este bo clima non se repetiu o domingo, o que fixo que o concerto de clausura do curso, no que participaron os alumnos e alumnas, se tivera que trasladar ó Cine Teatro, o que non impediu poñer un fermoso broche final a esta fin de semana de jazz”.






















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



