As inscricións están abertas en www.sportmaniacs.com
Cervo, 30 de xuño do 2026. As pistas de atletismo da Veiga serán o escenario da VI Carreira Popular Maruxaina, o sábado, 18 de xullo, da man do Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por varios integrantes do Club Deportivo, na propia instalación na que se celebrará o evento a partir das 11:00 horas, sobre un circuíto de 200 m para pitufos, 500 m para benxamìns, 1000 metros para alevíns, 1609 metros para infantís e cadetes e de 5000 metros para a proba absoluta; con saída e meta nas instalacións deportivas da Veiga, e que transcorrerá por un circuíto mixto, polas rúas de San Ciprián e o paseo do Torno.
As persoas interesadas en participar aínda se poden inscribir a través da ligazón https://sportmaniacs.com/…/vi-carreira-popular-maruxaina nas diferentes categorías.
A alcaldesa anima tanto aos atletas afeccionados como aos profesionais a participar nesta carreira, destacando que “é unha ocasión única para gozar dunhas instalacións deportivas privilexiadas e para descubrir o noso litoral desde unha perspectiva diferente, combinando deporte, natureza e patrimonio”.
Así mesmo, subliña que “esta proba vai moito máis alá da competición deportiva. É unha oportunidade para compartir unha xornada de convivencia, promover hábitos de vida saudables e seguir poñendo en valor a riqueza natural, paisaxística e cultural do noso concello”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.


