Os senadores populares demandan tamén actuacións de seguridade e unha planificación que minimice o impacto do tráfico durante as obras, tendo en conta as longas ringleiras de vehículos que provocaron os traballos de construción da primeira rotonda
A Mariña, 30 de xuño de 2026. Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- reclamaron ao Goberno de España que desbloquee de maneira inmediata a construción da segunda rotonda prevista na N-642, ao seu paso por Cangas de Foz (na intersección coa estrada que comunica co Valadouro), unha infraestrutura fundamental para mellorar a seguridade viaria nun dos puntos con maior intensidade de tráfico da Mariña.
A resposta remitida polo Executivo a unha iniciativa parlamentaria presentada polos representantes lucenses confirma que a segunda glorieta continúa sen executarse. O Ministerio responsabiliza do retraso ao Concello e á empresa Begasa, que aínda non acometeron as modificacións dos servizos afectados que, segundo o Ministerio, aínda en tramitación.
O senador José Manuel Balseiro considera que esta contestación evidencia a falta de planificación e de compromiso do Ministerio de Transportes. “O Goberno limítase a trasladar a responsabilidade a terceiros e segue sen ofrecer unha data de inicio nin un calendario de finalización das obras, algo incomprensible nunha actuación que foi anunciada como prioritaria para a seguridade viaria da comarca”, sinalou.
Balseiro lembra que a previsión inicial era que ambas as dúas rotondas estivesen rematadas antes de 2025 e lamenta que, máis dun ano despois da posta en servizo da primeira, a segunda continúe paralizada. “Estamos a falar dun cruce especialmente sensible, que soporta un importante volume de tráfico e no que é necesario actuar canto antes para reducir os riscos e mellorar a mobilidade”, indicou.
Falta de planificación e dun plan que evite longas retencións
O senador popular engadiu que “o Executivo recoñece implicitamente que a actuación está adxudicada e preparada para executarse, pero segue sen resolver cuestións previas que deberían terse planificado con suficiente antelación para evitar novos atrasos”.
Os representantes do PP no Senado tamén reclamaron que, mentres non se materializa a obra, se adopten medidas complementarias que reforcen a seguridade no cruzamento e que se garanta unha correcta planificación dos traballos para evitar os problemas de circulación e as importantes retencións que se produciron durante a execución da primeira glorieta, especialmente dos vehículos das persoas que traballan no hospital da Costa, en Alcoa e no porto de Burela, entre outros.
“Os veciños da Mariña merecen infraestruturas seguras e unha administración que cumpra os compromisos adquiridos. Non é aceptable que unha actuación anunciada hai anos siga sen avances reais nin explicacións por parte do Goberno”, concluíu José Manuel Balseiro.






















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



