Foz, 30 de xuño de 2026. En resposta ás declaracións do Partido Popular sobre a construción da segunda rotonda de Cangas de Foz, a primeira tenente de alcalde do Concello focego, Inés López Couto, pídelle ao PP “respecto, traballo e menos desinformación”.
Inés López Couto manifesta: “que pena que as urxencias desta rotonda veñan agora que está aprobada e con orzamento e non tiveran tantas urxencias durante os anos no goberno do Estado do Partido Popular no que non se moveu un dedo para este proxecto, só para gardalo nun caixón”. E aclara que “a información da que se dispón no Concello é que as obras da segunda rotonda de Cangas prevense para a primeira quincena de setembro. Tramitouse a modificación da liña eléctrica de BEGASA que era a que condicionaba a execución da segunda rotonda e continuarase cos traballos unha vez pase o verán”.
Ademais a tenente de alcalde engade: “o que hai que facer é informarse e preguntar e así aforrarían dietas en viaxes que se poden solucionar cunha sinxela chamada ao Concello na que poderían conseguir a información. Xa nos pasou máis veces que informacións que se poden conseguir cunha chamada acaben en notas de prensa desinformando. Esta execución das rotondas de Cangas, que é unha demanda dos veciños, saíu adiante grazas ao traballo do goberno socialista do Concello de Foz e do Ministerio de Transportes. Tanto a execución da segunda rotonda e das medidas de seguridade con disposición dunha nova bionda na rotonda de Gralleira-Ribela van ser unha realidade polo traballo da administración e non polas fotografías do PP. Xa nun vídeo se menosprezou o noso traballo xa que dicían que ou non estabamos informados ou non tiñamos peso abondo. Eu de peso vou escasa pero traballamos para mellorar o noso pobo todos os días, non coma quen se dedica a desinformar e non traballou cando gobernou para conseguir infraestruturas reais para A Mariña”.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



