Ribadeo, 30 de xuño de 2026. A praia das Catedrais estará pechada o 12 de agosto para garantir a seguridade das persoas que acudan a ver o eclipse solar. Ribadeo e Lalín seguirán este fenómeno a través de pantallas xigantes coas explicacións que ofrecerá o profesor José Ángel Docobo, que é catedrático de astronomía da USC e director do observatorio Ramón María Aller.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “hoxe tivemos unha reunión coa Consellería de Medio Ambiente, concretamente coa directora de Patrimonio Natural, para coordinar todos os traballos relativos ao eclipse do vindeiro 12 de agosto. Nas Catedrais, punto de referencia e de encontro, onde tamén vai ter presenza Lalín con esa pantalla onde a explicación do profesor Docobo vai ser unha explicación do que é o eclipse e tamén das perseidas, é unha charla pedagóxica para explicar o impacto e o que significa o eclipse. Nas Catedrais o eclipse verase durante un minuto 45 segundos de tempo e iso convértenos no concello onde mais tempo poderemos disfrutalo”.
O rexedor dixo que “a praia das Catedrais é un espazo, un sitio, un entorno natural perfecto. Estamos acostumados a xestionar 4.500 persoas diariamente nese areal, pero o que é verdade é que temos que tomar medidas. Primeiro, o areal vai estar pechado, nos próximos días, a Consellería tamén informará a todos os axentes implicados, o 12 e tamén o 13 de agosto ata as 7:30 da mañá non se vai poder entrar na praia das Catedrais, tampouco vai permitirse sacar pases para esas datas. Iso vai estar todo coordinado. O espazo onde poderá verse o eclipse vai ser no aparcamento público, aí estará situada a pantalla e aí será a explicación, todo perfectamente coordinado, por iso no día de onte tiñamos a xunta local de seguridade e en consecuencia está todo organizado”.
Vega engadiu: “agradecer á directora xeral de Patrimonio Natural, ao director territorial de Medio Ambiente, aos técnicos municipais e da Xunta a coordinación perfecta e tamén neste caso outra vez á Policía Local, porque estamos traballando de forma conxunta con todas as administracións”.
O alcalde ribadense subliñou: “creo que pode ser unha oportunidade para Ribadeo converterse nese espazo para poder observar o eclipse e con esa coordinación e con esa colaboración institucional moito mellor”.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



