Dirixidas á mocidade nada entre 2008 e 2014, as acitividades desenvolverase do 13 de xullo ao 27 de agosto con propostas de xogos tradicionais, robótica, fútbol e diversión matemática
Burela, 30 de xuño de 2026. O Concello de Burela, no marco da Estratexia de Saúde, pon en marcha unha nova programación de actividades de verán gratuítas na Casa da Xuventude, que se desenvolverá entre o 13 de xullo e o 27 de agosto.
A programación distribuirase ao longo da semana con diferentes actividades. Os luns estarán dedicados aos Xogos Populares e Tradicionais, unha proposta que, ademais de recuperar xogos tradicionais, pretende servir como representación das diferentes culturas presentes na vila.
Os martes será a quenda da Robótica, unha actividade que combina ocio con aprendizaxe sobre tecnoloxía. Os mércores terá lugar Fútbol na Rúa, que contará cunha estrutura circular instalada no exterior da Casa da Xuventude para que a mocidade poida gozar desta actividade ao aire libre.
A programación continuará os xoves con Diversión Matemática, unha iniciativa pensada para fomentar a curiosidade e o interese polas matemáticas a través de retos e propostas prácticas desenvolvidas nun ambiente lúdico.
Os venres non haberá actividade programada, pero a Casa da Xuventude permanecerá aberta para que os rapaces e rapazas poidan facer uso dos seus espazos de lecer durante o horario habitual de verán.
As actividades desenvolveranse, con carácter xeral, entre as 10:00 e as 13:00 horas, agás Fútbol na Rúa, que terá lugar de 11:00 a 14:00 horas. A partir do 15 de xullo, a Casa da Xuventude abrirá en horario de 8:00 a 14:00 horas, polo que os participantes poderán utilizar a súa aula de xogos tanto antes como despois das actividades diarias.
O prazo de inscrición abre mañá,1 de xullo ata o día 10. As persoas interesadas poderán incribirse a través do correo electrónico casaxuventude@burela.org, de maneira presencial no Concello de Burela ou chamando ao teléfono 982 58 60 00.
Como adianto da programación de verán, a próxima semana celebraranse dúas xornadas de portas abertas. O martes 7 de xullo poderá probarse a actividade de Robótica e o mércores 8 de xullo desenvolverase unha sesión de Fútbol na Rúa, ofrecendo á mocidade a oportunidade de coñecer ambas propostas antes do inicio oficial da programación.
O primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Xuventude, Mario Pillado, sinala que “este ano insistimos en ofrecer unha alternativa de ocio á nosa mocidade durante o verán cun programa diverso e gratuíto que combina tradición, deporte, tecnoloxía e aprendizaxe”.
O concelleiro destaca ademais que “queremos que a Casa da Xuventude continúe sendo un espazo de encontro durante as vacacións, onde a rapazada poida gozar, compartir tempo e participar en actividades pensadas para eles e elas ao longo de todo o verán”.





















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.


