Lugo, 30 de xuño 2026. O grupo provincial do BNG reafirmou deste martes o seu compromiso co Museo do Mar de San Cibrao e emprazou á Xunta de Galicia e ao Concello de Cervo a un acordo institucional coa Deputación para financiar a tres bandas un proxecto de ampliación do edificio.
A portavoz nacionalista e responsable de Cultura no goberno provincial Iria Castro fixo esta proposta no pleno provincial deste martes, onde lembrou que o BNG liderou desde o Concello de Cervo e desde a Deputación a protección e ampliación do Museo do Mar.
Nesa liña, a portavoz nacionalista recordou que “foi o BNG quen impediu que se construise a carón do Museo un mamotreto de cinco alturas ,un atentado urbanístico alentado polo PP de Cervo, e quen presentou en 2011, con Antonio Veiga no goberno provincial, un proxecto de ampliación que o PP de Cervo, con Alfonso Villares á cabeza, boicoteou”.
A portavoz nacioanlista repasou as decisións e posturas adoptadas nos últimos anos para concluír que “non imos admitir chantaxes nin imposicións do PP” en relación co Museo do Mar.
“A ampliación do Museo merece un debate serio e válido para a sociedade” e un “marco de colaboración institucional” dixo a deputada nacionalista, que emprazou ao Concello de Cervo “a sentarse a falar coa Xunta, que ten as competencias en patrimonio e museos, e co delegado Alfonso Villares, que hoxe está en posición de comprometer financiamento para o Museo do Mar”. “Se é asi podemos sentarnos a falar dunha ampliación”, concluíu





















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



