Burela, 30 de xuño de 2026. A Sociedade Deportiva Burela celebrou na tarde do luns a súa Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria, na que os socios aprobaron os principais asuntos da orde do día e quedou oficialmente constituída a Xunta Directiva que encabezará o club durante o período 2026-2030.
Na Asemblea Ordinaria presentouse a memoria deportiva da tempada 2025-2026, o balance económico da entidade e o orzamento para a próxima campaña, facendo un repaso ao traballo desenvolvido durante os últimos meses tanto a nivel deportivo como organizativo.
Posteriormente, na Asemblea Xeral Extraordinaria, deuse conta do proceso electoral celebrado tras a finalización do mandato da anterior directiva. Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, foi presentada unha única candidatura, encabezada por Jairo Campo Vázquez, que resultou proclamada para un novo mandato.
A Xunta Directiva queda composta por:
Presidente: Jairo Campo Vázquez.
Vicepresidente: Simón Martínez Díaz.
Secretaria: Lorena Expósito Fernández.
Tesoureiro: Diego Dos Santos Gómez.
Vocais: Adrián Marrube Geada, Pablo Vila Quelle, Miguel Ángel Gomes Gomes, Yeray Paleo Grandío e Manuel Martínez Díaz.
A nova directiva afronta esta etapa coa vontade de dar continuidade ao traballo realizado nos últimos anos, consolidando o crecemento deportivo e social da entidade, fortalecendo a estrutura do fútbol base e continuando co desenvolvemento do primeiro equipo.
A SD Burela quixo agradecer aos socios, patrocinadores, colaboradores, familias, voluntarios e afección o apoio recibido durante estes anos, destacando que o compromiso de todos eles foi fundamental para converter ao club nun referente deportivo no municipio.
A directiva reafirma o seu compromiso de seguir traballando con responsabilidade, transparencia e ilusión para que a SD Burela continúe medrando dentro e fóra do terreo de xogo.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).