Alfoz e O Valadouro, 1 de xullo do 2026. O pavillón municipal de Alfoz acolleu este luns o acto de clausura das Escolas Deportivas Alfoz–Valadouro, que poñen fin a unha tempada marcada pola aprendizaxe, a convivencia e o deporte. Ao longo do curso, nenos e nenas practicaron modalidades como fútbol, patinaxe, atletismo e pádel, compartindo experiencias e adquirindo valores como o respecto, a constancia e o traballo en equipo.
No acto participaron a alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, e os responsables municipais de Deportes de ambos concellos, Ana Rubal e Eliseo Lorenzo, encargados de entregar os diplomas como recoñecemento ao compromiso das persoas participantes.
A alcaldesa de Alfoz destacou que “as Escolas Deportivas son un espazo de formación persoal no que os nenos e nenas aprenden valores tan importantes como o esforzo, o compañeirismo e a superación. É unha satisfacción comprobar a implicación das familias e ver como cada ano esta iniciativa segue medrando”.
Pola súa banda, o alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela, subliñou que “a colaboración entre os concellos permite ofrecer unha programación deportiva ampla e de calidade. O deporte é unha ferramenta esencial para promover hábitos saudables e educar en valores, polo que seguiremos apostando por este proxecto compartido”.
A xornada rematou cun picoteo entre participantes, familias e representantes municipais, grazas á colaboración das propias familias, ás que ambos concellos agradeceron o seu apoio ao longo da tempada.
Desde os Concellos de Alfoz e O Valadouro animan agora aos participantes a desfrutar do verán e regresar na próxima tempada con renovada ilusión para seguir facendo do deporte unha ferramenta de convivencia, aprendizaxe e crecemento persoal.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
