Este será o terceiro ano consecutivo no que as praias orteganas conten con servizo de socorrismo, tras anos co servizo minguado ou mesmo sen el
Ortigueira, 12 de xuño de 2026. A tempada de verán xa arrancou en Ortigueira. Así o testemuña o inicio da actividade dos 8 socorristas e 2 patróns que velarán pola seguridade nas praias de Ortigueira e Espasante, e que as Bandeiras Azuis —máximo distintivo de calidade que poden obter os areais en España— xa ondean nas praias da Concha e Morouzos.
O cambio de situación das praias do municipio desde a chegada ao goberno local do actual alcalde, Valentín Calvín, foi radical. Este será o terceiro ano consecutivo no que Ortigueira contará con servizo de socorrismo. Antes de 2024 e desde 2016, este servizo de seguridade nas praias fora minguado e mesmo suprimido durante algúns anos pola falta de infraestruturas e de capacidade dos gobernos anteriores para poñelo en marcha. Esta cuestión sempre foi unha prioridade para o goberno de Calvín, que desde a súa chegada á alcaldía se puxo mans á obra para recuperar un servizo que considera “esencial” nun municipio “eminentemente turístico, más si cabe en la temporada estival”.
Deste xeito, xa se atopan nos seus postos de traballo os 8 socorristas (outros 2 serán contratados nos vindeiros días, chegando así aos 10 vixiantes) e 2 patróns que velarán pola seguridade dos bañistas na costa ortegana.
As Bandeiras Azuis volven ondear en Morouzos e na Concha
A gran novidade desta tempada é o regreso das Bandeiras Azuis. Este distintivo de calidade —o máis alto que pode conseguir unha praia en España— que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) volve verse nos areais da Concha e Morouzos. Estes galardóns regresan ao municipio despois de perder o último no ano 2018 e que agora, grazas outra vez á implicación na mellora da calidade das praias por parte do goberno municipal, volven ser visibles nestas dúas praias.
Valentín Calvín fai un balance moi positivo da evolución do principal recurso turístico do municipio desde a súa chegada ao goberno. “Nos encontramos unas playas sin socorristas y que ya no aparecían en los ránkings de las mejores de Galicia, y, en apenas tres años, hemos sido capaces de revertir la situación”, afirma o rexedor.
“Siempre dijimos que esta era una de nuestras prioridades, y los hechos lo demuestran: hoy, cualquiera que vaya a la playa de Morouzos puede ver socorristas con medios adecuados y en buen estado, la Bandera Azul, mejores y más cómodos accesos, instalaciones a punto… esto no es flor de un día; es el resultado de meses de trabajo que ahora dan sus frutos. Eso sí, no nos conformamos, queremos seguir trabajando para que cada vez sean más las playas con Bandera Azul y dar el mejor servicio posible tanto a nuestros vecinos y vecinas como a los miles de turistas que nos visitan cada año”, resume Calvín.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



