Cervo, 1 de xullo, 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, participou este mércores en Muxía no acto organizado pola Xunta de Galicia baixo o lema “1 ano xestionando o noso litoral”, unha xornada na que distintos representantes municipais compartiron a súa experiencia tras o primeiro ano da asunción por parte da administración autonómica das competencias de xestión do litoral.
Durante a súa intervención, a rexedora cervense puxo como exemplo o proxecto da Carpintería de Ribeira de Francisco Fra, en San Cibrao, como mostra do potencial que ten unha xestión máis próxima para impulsar iniciativas de conservación do patrimonio marítimo e cultural.
García Caramés lembrou que en San Cibrao se mantén viva a única carpintería de ribeira en activo da provincia de Lugo e unha das poucas que continúan desenvolvendo este oficio tradicional en Galicia, unha actividade con máis de dous séculos de historia que constitúe un patrimonio cultural, etnográfico e marítimo de enorme valor.
Neste sentido, explicou que o Concello leva anos traballando para facer realidade un Museo da Carpintería de Ribeira, un proxecto que permitirá recuperar un espazo do dominio público marítimo-terrestre para conservar, divulgar e poñer en valor este oficio tradicional, integrándoo ademais como un recurso vencellado ao Camiño do Litoral ao seu paso por Cervo.
A alcaldesa destacou tamén o labor que desenvolve a Fundación Estaleiros Fra Carpinteiro de Ribeira, recentemente declarada de interese galego, coa que o Concello comparte o obxectivo de garantir que a carpintería de ribeira continúe sendo un patrimonio vivo e un sinal de identidade de Cervo e de Galicia.
Precisamente, García Caramés incidiu en que a proximidade na xestión do litoral está a traducirse nunha maior axilidade administrativa e nunha mellor coordinación entre administracións, un aspecto que cualificou como especialmente positivo durante este primeiro ano.
Así, explicou que o Servizo do Litoral da Xunta asesorou ao Concello en numerosas ocasións durante a tramitación de expedientes, resolvendo dúbidas técnicas e orientando na aplicación da normativa, un acompañamento que permitiu afrontar os procedementos “con maior seguridade xurídica e cunha comunicación moito máis directa e áxil”.
A rexedora sinalou que os concellos son a administración máis próxima ao territorio, pero subliñou que resulta igualmente fundamental contar cun interlocutor accesible na Xunta que coñeza a realidade do litoral galego. “Esa colaboración está a resultar moi positiva e é un dos aspectos máis destacados deste primeiro ano de aplicación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral”, afirmou.
Durante a súa intervención, Dolores García Caramés reiterou tamén o compromiso do Concello coa recuperación e transmisión deste oficio tradicional, lembrando que a mellor forma de conservar este patrimonio é mantelo vivo, favorecendo a construción de embarcacións, a formación de novas xeracións e a creación dunha futura escola de carpintería de ribeira.
A alcaldesa concluíu destacando que cando as administracións colaboran e traballan de forma coordinada, quen realmente se beneficia é o territorio e a cidadanía, unha filosofía que, ao seu xuízo, está a permitir avanzar con maior eficacia en proxectos estratéxicos para o futuro do litoral galego.























Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.


