A organización ten previstos 8.000 ovos e 4.000 chourizos que se servirán a partir das 20:00 horas nas inmediacións da Praza do Souto.
Cervo, 14 de xullo do 2026. O Concello de Cervo volverá converterse nun punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración da XIX Festa do Ovo Frito, que terá lugar o venres 14 de agosto nas inmediacións da Praza do Souto.
Esta consolidada cita do verán cervense está organizada polas asociacións culturais Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo, e cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan á localidade para compartir unha xornada de gastronomía, música e convivencia.
Desde a organización explican que o reparto das racións comezará ás 20:00 horas. Cada unha incluirá ovos fritos, patacas, chourizo, pan e bebida, cun prezo de 7 euros. Para atender a elevada participación prevista, prepararanse 8.000 ovos e 4.000 chourizos, que serán cociñados en directo ao longo da tarde, convertendo a elaboración nun dos grandes atractivos da festa.
A programación completarase coa animación da Charanga DGT, que percorrerá as rúas creando ambiente festivo, e coa actuación da Disco Móbil Conxuro, que prolongará a celebración ata ben entrada a noite.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, anima á veciñanza e ás persoas que visitan a comarca durante estas datas a participar nunha festa “que xa forma parte da identidade do noso verán e que cada ano demostra a enorme capacidade de Cervo para acoller a milleiros de persoas nun ambiente familiar e de convivencia”.
A rexedora quixo tamén agradecer “o extraordinario traballo e a implicación das asociacións Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, así como de todas as persoas voluntarias que fan posible unha cita destas dimensións. Grazas ao seu esforzo e compromiso, esta festa segue medrando edición tras edición e consolidándose como un referente gastronómico e festivo da Mariña”.
Así mesmo, destacou que “a Festa do Ovo Frito é tamén un importante reclamo turístico e económico para o municipio, que contribúe a dar a coñecer Cervo como un destino atractivo durante o verán”.
Desde o Concello convidan a toda a veciñanza e aos visitantes a achegarse o próximo 14 de agosto á Praza do Souto para gozar dunha das celebracións máis multitudinarias e emblemáticas do calendario estival cervense, na que a gastronomía, a música e o bo ambiente volverán ser os grandes protagonistas.







Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



