RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez e o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco asinaron hoxe un convenio por importe de preto de 36.000 euros para reducir o consumo de enerxía eléctrica no alumeado público e así conseguir un aforro económico importante para as arcas municipais. O rexedor explica que o convenio “está encamiñado a lograr un maior aforro enerxético nun momento onde todos os Concellos, e o de Ribadeo coma o que máis, necesitan economizar gastos superfluos e aproveitar as últimas tecnoloxías que nos permitan dar un servizo óptimo, pero cun custe menor”.
Fernando Suárez engade que “o INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) foi receptivo á petición que lle fixemos desde Ribadeo de cara a ter que substituir varios dos cadros que surten de alumeado público á practica totalidade da vila de Ribadeo por outros máis modernos que permitan programándose a partir dunha certa hora rebaixar a intensidade da iluminación e que algunhas farolas se poidan desconectar en horas nas que práctimente ninguén anda… permitindo eso sí que a xente poida circular con tranquilidade”. O alcalde ribadense di que este proceso “tamén chegará ás parroquias, quizás non a todas de golpe, pero sí que poderemos modificar que se baixe a intensidade nunha parte para lograr un aforro enerxético importante”.
Camiño do Cemiterio
Suárez Barcia anuncia que “con este convenio dotaremos tamén de farolas ao Camiño do Cemiterio. A conexión foi feita pola escola taller anterior, pero non tiñamos recursos para acometer esa instalación que agora sí que realizaremos e así resolveremos este problema para maior tranquilidade dos que pasean por esa zona de Ribadeo”.

























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



