Ribadeo, 8 de agosto, 2026. A Asociación de Veciños Por Nuestro Faro leva máis dunha década denunciando as irregularidades vinculadas á concesión turística da Illa Pancha. Trece anos despois da posta en marcha por parte da Autoridade Portuaria do programa Faros de España —destinado a promover a privatización de faros con fins turísticos e, nalgúns casos, culturais— a situación continúa xerando preocupación social e inseguridade xurídica.
Once anos pasaron desde a aprobación do proxecto turístico da Illa Pancha, realizada sen concurso público, e nove desde que o Defensor del Pueblo confirmou que a concesión carecía do preceptivo Estudo de Impacto Ambiental, esixido pola normativa europea, española e galega.
Desde 2017, os apartamentos turísticos instalados na Illa Pancha veñen funcionando sen cumprir estas obrigas legais básicas, situación á que posteriormente se sumou a apertura da cafetería.
A festa do eclipse e a contradición institucional
Co gallo do eclipse solar previsto para o próximo 12 de agosto, anúnciase na Illa Pancha unha festa privada que inclúe música en directo, barra libre e gafas especiais para observar o fenómeno astronómico, todo a un prezo cualificado como “módico”.
Paralelamente, o Concello de Ribadeo fai pública a prohibición de observar o eclipse desde varios espazos, entre eles a Illa Pancha, alegando motivos de seguridade e conservación. No anuncio municipal indícase:
Zonas prohibidas para a observación da eclipse
Por motivos de seguridade e para garantir a conservación dos espazos públicos, durante a observación do eclipse estableceranse zonas de exclusión nos seguintes puntos:
• Pasarela de madeira entre As Catedrais e Barreiros
• Areal da Praia das Catedrais
• Illa Pancha
• Infraestrutura de madeira do Cargadoiro
AAVV Por Nuestro Faro: actuacións inmediatas
Ante esta evidente contradición —prohibición municipal fronte á celebración dun evento privado no mesmo espazo— a AAVV Por Nuestro Faro:
Solicitará ao Concello de Ribadeo información detallada sobre os criterios de seguridade aplicados á Illa Pancha e sobre como se compatibiliza a prohibición pública coa autorización dunha festa privada con barra libre e observación do eclipse.
Dirixirase á Autoridade Portuaria para pedir un esclarecemento sobre se este tipo de eventos encaixa nas condicións da concesión e se non constitúe un motivo adicional para esixir, unha vez máis, o Estudo de Impacto Ambiental, cuxa ausencia foi reiteradamente sinalada polo Defensor del Pueblo.

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



