Das 500 reproducións a rozar o millón: a artesanía tradicional de Mondoñedo arrasa nas redes e esperta o interese do sector en toda España
Mondoñedo, 9 de agosto, 2026. O Alfar Os Muiños amosa o proceso 100% manual co que se elaboran as cuncas do Mercado Medieval, logrando un impacto publicitario histórico para a cita e inspirando a oleiros de A Rioxa, Galicia e a Comunidade Valenciana.
O que comezou como un simple rexistro gráfico do traballo diario no obradoiro converteuse nun fenómeno viral sen precedentes para a artesanía galega. O Alfar Os Muiños de Mondoñedo, acostumado a unha audiencia habitual de entre 300 e 700 reproducións por publicación, viu como a serie de vídeos titulada “Como facemos as cuncas do Mercado Medieval” supera xa o medio millón de reproducións, rozando as 700.000 visualizacións en Instagram.
O segredo deste éxito non leva filtros: é a fascinación polo proceso artesanal real. Nos vídeos publicados na conta (@artesaniadopasatempo) móstrase ao detalle o traballo no torno, o secado e, especialmente, a técnica de serigrafía con engobes cerámicos directamente sobre a arxila.
Impacto no sector: formación entre artesáns
Máis alá das cifras (con picos de 107.000, 197.000 e 284.000 reproducións en publicacións individuais), o contido espertou un enorme interese técnico dentro do propio gremio. Artesáns de centros cerámicos históricos como Navarrete (A Rioxa), Ourense ou Alicante contactaron co obradoiro para aprender o método de serigrafiado.
A isto súmanse decenas de dúbidas e consultas técnicas respondidas a diario nos comentarios por profesionais da cerámica de toda España.
“Pasar de que nos vexan uns poucos centos de persoas a que de repente case 700.000 coñezan o noso traballo foi unha sorpresa enorme”, sinala María del Carmen Juncal. “O máis gratificante non é só o número, senón ver compañeiros oleiros de toda a península preguntando pola técnica do engobe serigrafiado. Creouse unha comunidade viva de intercambio de coñecemento tradicional”.
Unha campaña publicitaria incalculable para Mondoñedo
Á relevancia técnica súmase o verdadeiro valor estratéxico: o impacto publicitario. Preto de 700.000 persoas viron de primeira man a marca, o selo e a data do XXXIV Mercado Medieval de Mondoñedo, proxectando a imaxe da vila e das súas festas a escala estatal sen custo para as institucións e poñendo en valor o patrimonio vivo da Mariña.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



