Viveiro, 11 de agosto, 2026. Este ano, o comercio de Viveiro abrirá o festivo do sábado 15 de agosto, en horario de 11:00 a 14:00 horas, tras ser acordado pola maioría dos negocios asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV).
Nunha fin de semana con dous festivos consecutivos e unha alta afluencia de visitantes, os establecementos decidiron abrir para ofrecer servizo tanto á veciñanza como ás persoas que se achegan á vila nestas datas.
🛍️ Street Market: Viveiro convértese nun mercado ao aire libre do 18 ao 21 de agosto
O Centro Comercial Histórico de Viveiro impulsa unha nova edición do Street Market, que se celebrará do 18 ao 21 de agosto e contará con descontos especiais en preto de 30 establecementos.
Durante catro días, o centro histórico transformarase nun gran mercado ao aire libre, con promocións en milleiros de artigos de tempada e produtos de primeiras marcas a prezos moi competitivos.
Sempre que o tempo o permita, parte dos comercios sacarán os seus produtos á rúa, situándoos diante das fachadas para facilitar unha experiencia de compra máis cómoda e visual. A zona comercial contará ademais con música ambiental, grazas aos máis de dous quilómetros de fío musical instalados.
Participarán negocios de sectores como moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, óptica, mobles, decoración, florarías e cerámica, entre outros. Os establecementos adheridos estarán identificados con carteis específicos da campaña.
O CCHV anima á veciñanza e aos visitantes a achegarse ao centro da vila, aproveitar os descontos e completar a visita coa ampla oferta hostaleira e gastronómica de Viveiro.
Con iniciativas como o Street Market, o Centro Comercial Histórico de Viveiro continúa reforzando o comercio local, poñendo en valor a atención personalizada, a proximidade e a calidade dos establecementos da vila, e contribuíndo á dinamización económica e social do centro histórico, coa colaboración da Xunta de Galicia.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



