O organismo fiscalizador da Xunta de Galicia destaca “o rigor de Vilalba no control das súas contas e da súa débeda”
Vilalba, 12 de agosto de 2026. O Concello de Vilalba está entre as entidades locais de Galicia cunha mellor xestión económica, segundo os datos do último informe do Consello de Contas de Galicia “sobre o entorno de control das entidades locais”.
Dentro da categoría de concellos de entre 10.000 e 20.000 habitantes, Vilalba figura “no nivel máis alto de madurez do sistema de control interno”, o máximo nivel da clasificación empregado polo organismo fiscalizador da Xunta de Galicia.
Dos 32 municipios incluídos neste tramo de habitantes, só oito alcanzan o nivel máis alto de madurez, polo que Vilalba forma parte do 25% dos concellos de tamaño medio mellor valorados de Galicia neste indicador.
A boa situación económica de Vilalba non se limita ao control interno das súas contas. Segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda, a 31 de decembro de 2024 o Concello de Vilalba tiña cero euros de débeda viva. Entre os oito concellos da súa categoría que alcanzan o nivel máis alto de control interno, só Vilalba e Fene presentan débeda cero.
“Estes datos demostran que en Vilalba estamos facendo as cousas con rigor: controlamos os recursos públicos, planificamos e, ao mesmo tempo, mantemos unhas contas saneadas e sen débeda”, sinala a alcaldesa, Marta Rouco.
Con máis de 14,3 millóns de euros de orzamento neste ano 2026, o Concello de Vilalba demostra que contar cunhas contas saneadas non significa renunciar aos servizos públicos nin ás políticas sociais.
O Consello de Contas sitúa polo tanto a Vilalba entre os concellos galegos cun nivel alto de madurez no control interno, nun contexto no que a maioría das entidades locais presentan importantes carencias de planificación e supervisión.
“Vilalba ten estabilidade económica, capacidade de xestión e unha administración preparada para afrontar novos retos. Temos unhas bases sólidas para seguir investindo, mellorando os servizos e construíndo o futuro sen hipotecar as próximas xeracións”, conclúe a alcaldesa.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.